Viveiro, 9 de marzo de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, manterá mañá con Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, unha reunión para falar da situación real na que se atopa o PAC.
A reunión deriva da solicitude feita por carta pola alcaldesa no mes de xaneiro. En concreto, o concello quere falar coa Xunta do funcionamento diario do coentro sanitario e da carencia de persoal detectada xa desde hai tempo, o que provocou bastantes protestas dos usuarios.
Na carta púxose de manifesto a protesta do Concello de Viveiro porque a praza de médico que ocupaba Isabel Rodríguez, actual subdelegada do Goberno en Lugo, está sen cubrir de forma continuada cando debería estar cuberta por unha interinidade ata que se reincorpore a titular ou ata que saia en concurso.
“Ademais, sucede con certa frecuencia que cando os médicos do centro se atopan de baixa ou disfrutando de vacacións reglamentarias, estas ausencias non son cubertas, producíndose unha sobrecarga para os demais facultativos cos conseguintes retrasos na atención”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
O Concello de Viveiro ten coñecemento ademais de que hai creada unha praza de médico para a quenda de tarde que non está cuberta; terían que ser 11 médicos e son 10.
“Esta falta de facultativos repercute na veciñanza e, polo tanto, é un problema deste concello, para o que a sanidade pública e unha prioridade”, engade Loureiro.





















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



