Burela, 9 de marzo de 2020. A Secretaria Provincial Socialista e candidata as eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Patricia Otero dixo hoxe que “Feijóo falla aos lucenses e ás veciñas e veciños de Burela, tralo anuncio realizado por Augas de Galicia sobre a redacción do proxecto do saneamento de Burela”. Nesa liña lembrou que rexistrou iniciativas no Parlamento de Galicia “para esixir ao Goberno de Feijóo que adxudicara as obras da EDAR de Burela antes de xuño de 2020, garantindo a aplicación dos fondos europeos e evitando a súa perda”, espetou.
“Tras coñecer o anuncio do PP de Feijóo podemos constatar que este proxecto nos últimos anos non avanzou absolutamente nada, segue paralizada, agora faise un simple anuncio nos medios de comunicación previa campaña electoral. E o que é máis grave, cando Augas de Galicia recoñece que existe un problema grave co saneamento das augas no Concello de Burela”, insistiu.
A secretaria provincial dixo que “unha vez máis o Goberno do PP está tomando o pelo ás veciñas e veciños de Burela coa construción desta infraestrutura primordial para todo o Concello”. Lembrou que a “Directora de Augas de Galicia explicou na súa comparecencia na Comisión de Orzamentos da Xunta para o 2020, que para este proxecto hai orzamentado 250.001 euros, nunha obra que se prevé que rolde os 6.000.000 de euros”.
Nesa liña Otero advertiu que nos orzamentos da Xunta do 2019 había orzamentados para este mesmo proxecto da Mellora redes de saneamento e nova EDAR de Burela un investimento de 776.087 euros, dos cales non se executou nin un só euro. E nas contas autonómicas do ano 2020 podemos comprobar que esta cifra descende ata os 250.000 euros que hai actualmente asignados.
Augas de Galicia na Mariña
Ademais tamén aludiu a outros proxectos pendentes e esquecidos polo PP na Mariña. “Outro caso similar sucede en Foz cunha cantidade irrisoria de 500.000 euros para a EDAR, e tamén aparece reflectida a dragaxe de Viveiro -Celeiro na partida de Portos de Galicia, unha infraestrutura que se leva reclamando dende fai mais de 10 anos. Un caso similar ocorre no Concello de Barreiros coa EDAR de San Miguel xa que é longo no tempo, e segue sen ter solución, e sen ningún investimento da Xunta de Feijóo que sempre actúa mirando cara outro lado”.
“Por todo isto o 5 de abril temos que dar unha volta a esta situación de marxinación na Mariña Lucense, e apostar por un Goberno progresista que remate con esta situación de abandono. Un goberno do PSdeG-PSOE na Xunta, presidido por Gonzalo Caballero será a única garantía para a realización de todos estes proxectos”, resumiu.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



