A Coruña, 6 de marzo, 2020. Os secretarios das Federacións de Industria de CIG, UGT e CCOO compareceron en rolda de prensa este venres para trasladar a preocupación pola falta de avances nas medidas para a posta en marcha dunha tarifa industrial que reverta a grave crise que atravesan as industrias electrointensivas e as ameazas continuadas aos empregos e á actividade produtiva. Na comparecencia, as centrais sindicais anunciaron tamén a concentración conxunta que teñen convocada na Coruña para o mércores 11 de marzo, ás 11 horas, diante da Delegación do Goberno, como inicio dun calendario de mobilizacións que terá continuidade nas próximas semanas “con novas e máis contundentes accións”.
Xoán Xosé Bouzas Aboi, secretario nacional da CIG-Industria, denunciou a “secretismo total” do Goberno español co proxecto de estatuto electrointensivo, pois rematado o período de alegacións descoñécese se o Ministerio vai incorporar ou non propostas, cales das ducias de alegacións se van ter conta ou os criterios polos que non se admitirán. Bouzas Aboi subliñou á enorme incerteza que xera que non haxa aínda un calendario fixado “o que na práctica fai que esteamos na mesma situación que hai un ano: anuncian que van sacar o estatuto pero non concretan datas”.
A opacidade chega ao punto de que nin sequera se sabe se a norma se publicará como Real Decreto e polo tanto con aplicación inmediata ou se vai ser tramitado como Proxecto de Lei, atrasándose así a súa posta en marcha. “Os prazos son moi importantes, porque xa imos con moito atraso, hai meses que se deberían ter aplicado medidas para establecer a estrutura dunha tarifa industrial máis xusta, estábel e competitiva”.
Neste punto, o responsábel da Federación de Industria da CIG chamou a atención sobre o feito de que, tanto parte das medidas contempladas no proxecto de estatuto como as medidas complementarias propostas, dependen da aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, que a estas alturas nin están elaborados nin teñen garantías suficientes de apoios no Congreso. “É dicir, aínda que haxa estatuto, as medidas non terán aplicación real até que as contas de 2020 estean aprobadas”, alerta.
O estatuto, insuficiente
Bouzas Aboi salientou que para a CIG o estatuto segue a ser insuficiente, que habería que corrixir estas deficiencias e achegar ademais medidas complementarias. A este respecto lembrou que a central nacionalista presentou unha batería de alegacións na liña da proposta de tarifa industrial que a CIG ten elaborada e que, entre outras cuestións, reivindica que nos territorios que producen e exportan enerxía (como o caso de Galiza), as industrias electrointensivas sexan compensadas no 100% da peaxe de transporte, asumindo este custe o sistema eléctrico.
De igual maneira, a central defende liberar a tarifa das peaxes que non teñan unha relación directa co funcionamento do sistema eléctrico e que este custe sexa asumido polos OXE para que non repercuta na factura que pagan o resto de consumidores/as. Estas dúas medidas significarían unha rebaixa substancial na tarifa “e se non se incorporan no estatuto, seguirémolas reivindicando por todas as vías posíbeis”.
“Dende a CIG, o que percibimos do Goberno español é unha falta de interese por este tipo de industria e entendemos que se está preparando para encaixar o peor escenario: peches de empresas e destrución de emprego en zonas que non teñen outra alternativa industrial”, avanzou Bouzas Aboi.
Críticas á Xunta e ás empresas
Criticou tamén a actitude da Xunta de Galiza, á que acusa de aproveitarse da crise nas electrointensivas para finxir que está do lado dos traballadores e das traballadoras “pero sen propor ningunha medida real para solucionar esta problemática, cando este é un sector estratéxico para Galiza que xa está perdendo emprego e corre serio risco de desaparecer”.
O Goberno de Feixoo pretende erixirse agora como abandeirado na defensa da industria electrointensiva encabezando unha fronte con Asturias e Cantabria, cando son reiteradas as negativas da Consellaría de Industria a convocar a representación dos traballadores/as para buscar unha proposta unificada para o conxunto do país.
Neste senso, sinalou ás propias empresas que utilizan a falta dunha tarifa industrial para aplicar axustes que van dende as regulacións temporais de emprego até os recortes salariais ou os descolgues de convenio, ao tempo que deixan de facer investimentos nas fábricas, ameazando deste xeito a continuidade dos postos de traballo e da produción. “Facémoslle un chamamento ás empresas do sector para que non precipiten a toma de decisións e que non intenten cargar sobre os traballadores e as traballadoras as consecuencias desta falta de medidas”.
Finalmente, o responsábel sindical pediu a todos os grupos políticos que se posicionen publicamente sobre cal é a súa postura a respecto das solucións para este sector.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



