Cervo, 25 de marzo de 2020. O Concello de Cervo, a través das delegacións de Servizos Sociais e de Protección Civil, dirixidas por Pilar Armada e Alfredo Fernández, e do servizo de emerxencias municipal cuxo responsable é Mario Antuña; imparte estes días charlas de prevención de contaxio do COVID-19 dirixidas aos/ás traballadores/as daqueles centros do municipio que contan con usuarios/as residentes.
O Servizo de Emerxencias Municipal, desprazouse no día de hoxe ata o Centro de Día Residencia de San Ciprián, no que non hai diagnosticado ningún caso de coronavirus na actualidade, para afondar precisamente nos protocolos de seguridade e prevención que debe seguir estritamente o persoal, para evitar que o virus poida entrar do exterior.
De tal xeito, recordóuselles que é fundamental extremar as precaucións tanto no centro de traballo como cando van aos seus fogares, para previr contaxios. Deben ser especialmente estritos/as, por exemplo, coa indumentaria; evitando en todo momento que o vestiario que traen do exterior entre en contacto coas instalacións que comparten coas persoas usuarias; e que a roupa de traballo quede sempre no centro; onde teñen que extremar as medidas de hixiene e prevención seguindo as recomendacións de Sanidade.
Con todo, desde o Servizo de Emerxencias, puideron constatar que a desinfección interna das instalacións se está a facer correctamente, e que o persoal está a ser extremadamente coidadoso, seguindo en todo momento as consignas fixadas para minimizar o risco de contaxio do virus.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



