Foz, 2 de marzo de 2020. O Concello de Foz xestiona con Sogama o reparto de 30 composteiros de uso doméstico, que serán entregados nunha charla informativa organizada para o día 17 deste mes, martes, no salón de actos do Cenima.
O Concello de Foz está a xestionar con SOGAMA a entrega de 30 composteiros de uso doméstico, que pon a disposición daquelas persoas interesadas en participar no programa promovido pola empresa pública e que ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo, minorando a cantidade de residuos depositada nos colectores xenéricos e contribuíndo a minimizar o excesivo uso de fertilizantes químicos mediante a obtención de compost orgánico.
Está aberta a lista para anotarse para a entrega de composteiros no teléfono 982.133.159 ou na oficina de Medio Ambiente (Avenida da Ribeira s/n) en horario de 9:30 a 13:00 horas, facilitando nome, enderezo onde se situará o composteiro e número de telefono. A lista permanecerá aberta ata o 13 de marzo, para que as persoas interesadas poidan anotarse para recibir os composteiros.
E o día 17 deste mes, martes, ás 19:00 horas no salón de actos do Cenima terá lugar unha charla informativa sobre a compostaxe doméstica, á que se convida a asistir ás persoas que solicitaron o composteiro ou queiran iniciarse na elaboración dun compost propio e ás que xa dispoñen dun e queiran resolver dúbidas. Nese acto realizarase a entrega dos 30 composteiros enviados por Sogama.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



