Viveiro, 23 de marzo de 2020. O Concello de Viveiro, a través da Concellaría de Cultura, poñerá en marcha dúas iniciativas dirixidas aos escolares coa finalidade de fomentar a súa creatividade durante estes días de confinamento e ofrecerlles unhas actividades que os permitirán manterse vinculados ao mundo cultural do concello, ademais de servir de entretemento durante este período de alarma.
A primeira destas propostas, baixo o nome de Biblio-Mascota, vai dirixida aos nenos e nenas de Viveiro que cursen Primaria e con ela preténdese escoller á que será a mascota da Biblioteca Pública Municipal no ano 2020.
Este concurso nace coa pretensión de darlle continuidade no tempo, polo que o deseño escollido non será definitivo, senón que cada ano se realizará unha nova edición ofrecendo aos nenos e nenas a oportunidade de participar nesta iniciativa.
Co debuxo gañador realizarase un peluche que, durante un ano, se convertirá na mascota da biblioteca municipal; o neno ou nena gañador/a recibirá un lote de material escolar, ademais dun abono para as actividades infantís do Teatro Pastor Díaz.
Ao longo desta semana publicaranse as bases deste concurso, prevéndose que os traballos poidan remitirse por correo electrónico a partir do vindeiro luns, 30 de marzo, e durante un período de 15 días, realizándose a elección do gañador/a e a entrega do premio unha vez que remate este complicado periodo que estamos a vivir.
A segunda das iniciativas posta en marcha vai dirixida a todos os nenos e nenas de Viveiro, para que ao longo da duración do Estado de Alarma poidan enviar ao correo electrónico do Departamento de Cultura (rbg.cultura@viveiro.es) as súas fotografías ou arquivos con debuxos e mensaxes de ánimo en lingua galega, facendo constar o nome e apelidos do neno ou nena.
Cando remate esta difícil situación, o concello organizará unha exposición nas instalacións municipais e editará un video conmemorativo destas datas que están sendo tan complexas para todos. O envío dos traballos ao correo antes referido leva implícita a autorización para a exposición dos debuxos que se reciban.
Finalmente, unha vez que pase todo isto e que por parte do goberno central se autorice a organización de eventos, “o concello organizará unha festa na Praza Maior para todos os nenos e nenas de Viveiro, como mostra de recoñecemento polo ben que o están facendo estes días, nos que están aprendendo, entre outras cousas, a ser máis pacientes e como mostra de recoñecemento polo esforzo que están realizando quedando na casa”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O concello anima a todos os nenos e nenas a que se animen a participar nestas iniciativas, lembrando que as bases do concurso Biblio-mascota se darán a coñecer ao longo desta semana.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



