Lugo, 23 de abril de 2020. A Rede Museística Provincial ven de ampliar a súa oferta de actividades en liña co programa #Feitoparati, co que achegan propostas culturais adaptadas ás necesidades que lles formulan desde distintos colectivos.
A asociación Agora de Monforte, que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) foi das primeiras en participar nesta actividade coa que a Rede mantén o seu compromiso coa inclusión e a accesibilidade, ademais de afortalar os lazos coa comunidade.
A través de encontros en liña guiados pola xerente da Rede Museística, Encarna Lago, as persoas usuarias de Agora puideron visitar virtualmente o Museo Pazo de Tor e coñecer con detalle a súa historia, así como outros aspectos da cultura local.
Na última semana, a Rede tamén colaborou coa residencia de persoas maiores de Foz, ofrecendo os seus recursos para axudar aos residentes a sobrelevar o estrito confinamento que manteñen nestes centros.
A Rede Museística, que durante o ano ven realizando actividades presenciais con Cogami, ponse a disposición dos colectivos da provincia para deseñar actividades adaptadas ás necesidades e preferencias de cada grupo.
Tamén atenden as peticións que se realicen desde centros educativos e anpas, para ofrecer propostas didácticas ao alumnado, como viñan facendo durante o curso escolar.
As persoas interesadas deben formular a súa solicitude a través do correo electrónico xerencia@museolugo.org
Museal, desde o inicio do confinamento
A Rede Museística Provincial reforzou a súa actividade en liña desde o primeiro día do confinamento, poñendo en marcha unha programación online baixo o epígrafe “Museal: a vacina que te inmuniza”, que inclúe diferentes propostas para que a cidadanía se poida seguir achegando aos fondos e recursos dos museos.
Crea o teu museo
Actividade dirixida ás familias que constrúen os seus propios museos a partir de recordos
e obxectos de seu, e outros elaborados con materiais e suxerencias do persoal da rede.
Musavisitas dialogadas
Visitas virtuais da man do persoal da rede, que comenta os distintos espazos e recursos dos que dispoñen os museos provinciais.
Crebacabezas Memory
Actividade na que as obras do Museo Provincial de Lufo se relacionan con cada un dos obxectivos de desenvolvemento sustentábel que a ONU incluíu na Axenda 2030.
Albúm da memoria compartida
Actividade dirixida ás persoas integrantes dos club sénior dos museos provinciais.
Os museos abriron estas fiestras virtuais tras pecharen as portas ao público o pasado 13 de marzo, seguindo ás recomendacións das autoridades sanitarias. Para salvar a brecha dixital, ofrecen a posibilidade de coñecer os fondos dos museos e participar nas actividades a través de chamadas telefónicas.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



