Foz, 19 de abril, 2020. Tendo en conta a difícil situación actual provocada pola pandemia Covid-19 e debido ao illamento no fogar que deben sufrir os nosos maiores, o equipo do Centro de Día “Aloumiños” e o Servizo de axuda no fogar “Aloufogar”, quixeron poñer o seu gran de area e ofrecen a todas aquelas familias e / ou coidadores que convivan con persoas maiores ou dependentes e incluso, estendelo, a aquelas persoas con autonomía que viven soas ou en compañía, sexan ou non usuarios do Centro ou do SAD, unha orientación personalizado co obxectivo de fomentar a estimulación cognitiva (memoria, atención, concentración, …), a práctica do exercicio físico e a realización de actividades da vida diaria (aseo, alimentación, vestir, …), dun xeito completamente gratuíto e a distancia, durante a corentena.
O noso obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas mediante a participación activa en actividades significativas, xa que hoxe o mellor medicamento é manterse activo.
Para contactar connosco podése facer nos seguintes números de teléfono 649 166 927 ou 611 001 935; aínda que tamén o poden facer a traveso do correo electrónico habilitado para a ocasión alouminoscentrodedia@gmail.com
