Ribadeo, 25 de xuño, 2025. Rematou o fin de curso no IES de Ribadeo cheo de actividades, algunhas coa finalidade de poñer en valor o Patrimonio Natural. Por un lado, Francisco Canosa, Doutor en Xeoloxía, pioneiro das Xeorutas e gran divulgador achegouse a Ribadeo, para impartir unha charla sobre a Historia Xeolóxica de Galicia e facer un taller sobre Petroloxía financiado polo Concello de Ribadeo. Primeiro explicou de maneira sinxela e resumida os millóns de anos que fixeron que a nosa terra sexa como é, co seu relevo e cos seus dominios xeolóxicos. A continuación, o alumnado puido identificar cunha sinxela clave, exemplares impresionantes de rochas magmáticas, sedimentarias e metamórficas que forman parte da súa colección propia. Dende lousas e cuarcitas que son as predominantes nesta zona ata gneises ollo de sapo, formación típica galega ou peridotitas, piroxenitas e ecloxitas propias do Complexo Cabo Ortegal e que atraen a xeólogos de todo o mundo por aparecer en superficie rochas propias do manto terrestre.
Por outra banda, para axudar a concienciar sobre a importancia da biodiversidade, levouse a cabo o II Bioblitz no entorno do centro coa axuda de Belén Pérez Teijo. Esta actividade consiste en facer un rexistro intensivo de especies nunha área e tempo determinado empregando a App ObsIdentify de telefono móbil. Os datos súbense automáticamente e tras ser validados, á plataforma internacional Observation coa finalidade de poder facer seguimento de especies en tempo real. Os resultados deste ano foron expostos na XXX Feira da Ciencia destacando a araña saltarina Macaroeris nidicoles, só presente na Península Ibérica e Europa así como un bó número de exemplares de Cardera (Vanesa cardui), a bolboreta que fai a migración máis longa coñecida entre os insectos xa que recorre ata 15000 km en seis xeracións. É dicir, que as bolboretas observadas o día do Bioblitz, estaban facendo unha longa viaxe con parada en Ribadeo.
O IES de Ribadeo agradécelle a Belén Pérez Teijo a súa colaboración. Con actividades deste tipo o alumnado valora non só a biodiversidade senón tamén a importancia da ciencia cidadá que lle permite a persoas non especializadas participar activamente na recollida de datos imprescindibles para a comunidade científica. Tamén está moi agradecido con Francisco Canosa, asiduo colaborador do centro, xa que non cabe dúbida que viaxar ao interior terrestre a través das rochas axuda a valorar o Patrimonio Xeolóxico.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



