Burela, 23 de abril de 2020. As nenas o os nenos de Burela con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos recibirán unha mascarilla de tea nas súas casas nos vindeiros días, segundo ven de anunciar a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López.
A edil subliñou que “o taller popular de confección de mascarillas, que coordina a Área de Servizos Sociais do Concello de Burela non para. Con 4.500 repartidas nas empresas locais para abastecer as mesmas dende a declaración de estado de alarma, o obxectivo actual son os nenos e as nenas da vila”.
Carmela López dixo que “hai 916 nenas e nenos empadroados en Burela de entre 3 e 14 anos cumpridos no día de hoxe, que recibirán unha mascarilla de tea no seu fogar por correo postal. O Concello mercou teas de cores, de algodón 100%, con motivos infantís e xuvenís, para a confección destas mascarillas”.
A concelleira de Servizos Sociais manifestou que “xa se comezan a vender mascarillas hixiénicas para menores, pero esta ten un valor sentimental engadido, xa que se trata de parte do traballo deste grupo de persoas que levan máis dun mes cosendo nas súas casas e chegarán cunha mensaxe de ánimo e de noraboa polo seu comportamento exemplar durante a situación que lles tocou vivir aos nosos pequenos”.
Carmela López agarda que lles gusten: “son mascarillas feitas co corazón. Aproveito para facer un chamamento á responsabilidade por parte das familias de cara á desescalada que imos iniciar o domingo. Gocemos do paseo cos nosos pequenos, aproveitemos para ensinarlles a vivir esta nova situación coa maior normalidade posible, e inculquemos corresponsabilidade social. Eles son os que nos ensinan cada día a nós. Son uns campións”.
As mascarillas infantís foron presentadas hoxe no Concello polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Servizos Sociais, Carmela López.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



