Lugo, a 18 de abril de 2020. “Non ten ideas, vai a remolque das propostas do PP, pero é incapaz de entendelas, ou non quere porque non lle interesa, e todo o seu esforzo vaise en vender fume político aos lucenses nun momento en que necesitan unha implicación real e total das institucións”. Así enxuíza o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, o anuncio feito polo presidente da Deputación, José Tomé, de que o Plan Estratéxico de Subvencións está dotado con 5,7 millóns de euros e xa foi publicado polo BOP. O portavoz popular dixo tamén: “É inaudito que o goberno provincial sexa incapaz de programar medidas especiais para facer fronte á crise; este plan é o plan anual de subvencións, non representa nada novo con respecto a exercicios anteriores. Tomé ten que deixar de aparentar que fai e abrir vías de traballo co PP e coa sociedade para que a Deputación axude a Lugo a saír da crise”.
Para os populares, o socialista José Tomé, carente de ideas propias, vai a remolque das iniciativas que propón o Partido Popular. “E nada teriamos que dicir se, realmente, fixese as cousas como se lle explican. Como non ten intención ningunha de consensuar, limítase a facer que fai, como no caso do Plan Estratéxico de Subvencións”. Agrega: “Xa o fixo antes co Plan Único, no que se limitou a permitir que os concellos dediquen a fines relacionados coa crise sanitaria unha parte dos cartos que destinará a cada municipio”. Castiñeira recorda que o goberno provincial negouse a aceptar a proposta popular para incrementar en 700.000 euros o Plan Único.
Castiñeira declarou: “O presidente Tomé vai a remolque do que lle explica o PP. Pasou co pleno máis recente que, como lle dixemos, tivo que ser telemático, por máis que se resistiu a que fora así. Pasou coa compra de material sanitario de protección fronte ao coronavirus, asunto no que primeiro dixo que non pensaba mercalo, pero, apurado pola presión do PP, acabou por comprar. Agora falta por saber como pensa repartilo e xa lle dixemos como ten que ser, con criterios claros e transparentes”.
Para o portavoz do PP, é evidente que a presión popular sobre o goberno provincial con propostas como a de crear unha mesa de traballo multisectorial, para decidir que medidas son precisas para reactivar a economía lucense, fan efecto. Castiñeira declarou: “Pero, de novo, por non querer facer ben as cousas, por limitarse a facer que fai, enreda intentando vender como novo (plan de subvencións) o que é o mesmo de todos os anos, e, mentres tanto, perdemos o tempo para deseñar un plan serio, estruturado, de reactivación económica, que é algo que, se escoitara aos sectores produtivos, vería que demanda toda a sociedade lucense”.
Castiñeira anima a José Tomé a cambiar o paso, polo ben de Lugo, e a convocar, como ten solicitado o PP, unha reunión telemática da xunta de portavoces da Deputación e con representantes dos distintos sectores, para crear unha mesa de traballo multisectorial na que analizar conxuntamente a situación e deseñar medidas para axudar desde a Deputación a superala. “Deixe de facer que fai e empece a traballar con todos, co grupo da oposición e con todos os sectores produtivos. A situación esixe traballo, consenso e planificación rigoroso”, di Castiñeira.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



