A Coruña, 18 de abril de 2020. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, celebrou hoxe o acordo do Executivo cos sindicatos e as compañías titulares de centrais térmicas de carbón para manter o emprego nas Pontes e Meirama. A través da Vicepresidencia Cuarta, que engloba o Ministerio para a Transición Ecolóxica, e o Ministerio de Traballo e Economía Social, produciuse a firma telemática das bases dos Convenios de Transición Xusta.
Ademais das ministras Teresa Ribeira e Yolanda Díaz, o documento foi rubricado polas empresas Endesa, Naturgy e Iberdrola e os titulares das secretarías xerais de CCOO Industria e UXT FICA. O documento recolle os compromisos de cada unha das partes para apoiar aos traballadores e os territorios das zonas afectadas polo peche de centrais térmicas. Os seus focos de actuación prioritaria son o mantemento do emprego nos territorios e a súa dinamización económica e industrial, ligados ao despregamento de enerxías renovables e outros proxectos.
Javier Losada agradeceu ás partes o seu traballo para chegar a esta firma, que supón un novo paso para o mantemento da actividade en dous centros de traballo con moito peso en Galicia. Apostou pola “procura colectiva de solucións” para conseguir a conversión das centrais das Pontes e Meirama, de maneira que consigan manter a actividade industrial, xerar riqueza e, á vez, maximizar o coidado ambiental e lograr unha descarbonización xusta.
O delegado do Goberno detallou que as empresas asinantes comprométense ao desenvolvemento de plans de acompañamento para as zonas afectadas, aproveitando as oportunidades asociadas ás diferentes liñas de negocio que se identifiquen para cada territorio. De igual modo, traballarán para o mantemento do emprego mediante a recolocación dos postos directos e a priorización da contratación dos traballadores de empresas auxiliares.
O Goberno, pola súa banda, ofrecerá apoios para a realización dos Convenios de Transición e o mantemento do emprego para os traballadores afectados, a través de formación e plans de inserción. O Executivo comprométese a traballar na procura proactiva de investidores con proxectos que poidan localizarse nas zonas afectadas, tendo sempre en conta as características e as particularidades de Galicia.
COMISIÓN DE SEGUIMENTO
Segundo o acordado polas partes, crearase unha Comisión de Seguimento que velará polo cumprimento do acordo e que estará conformada por un número idéntico de representantes da Administración Xeral do Estado, as empresas e as organizacións sindicais. Reunirase cada 6 meses de modo ordinario para coñecer os detalles relacionados coa marcha do acordo, e de maneira extraordinaria sempre que o solicite unha das partes.
CONVENIOS DE TRANSICIÓN XUSTA
O obxectivo prioritario destes Convenios é o mantemento e a creación de actividade e emprego nas comarcas afectadas polo peche de centrais térmicas de carbón, a través do acompañamento a sectores de actividade e colectivos en risco, a fixación de poboación nos territorios e a promoción dunha diversificación e especialización da actividade económica en coherencia co contexto socioeconómico. Supoñen a materialización da Estratexia para a Transición Xusta, que forma parte do Marco de Enerxía e Clima.


















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



