Foz, 18 de abril de 2020. O Centro Comercial Aberto de Foz pon en marcha unha plataforma web de venta online, que estará operativa no prazo dunhas catro semanas.
O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, explica que “se trata de contar cunha aplicación web, cunha ferramenta de traballo, que será un centro comercial virtual, onde cada asociado e asociada contará co seu espazo individual para dar a coñecer os seus produtos, as súas ofertas… e para poder vender online todo o que teña en tenda”.
Para Paleo “é importante ir adaptándose o antes posible as novas tecnoloxías e ás novas formas de venta para poder competir en igualdade de condicións coas grandes plataformas de venta online que operan en todo o mundo. Tócanos vivir unha época de confinamento, na que as tendas máis próximas están pechadas, e na que a maioría non contan con este servizo, que si estivese operativo lles permitiría xerar ingresos e seguir traballando aínda que de xeito diferente”.
O presidente de Acia/CCA de Foz considera que “temos que estar preparados para os novos tempos que poidan vir. De aí que esteamos a traballar na posta en marcha canto antes deste centro comercial virtual”.
A aplicación web de venta online contará cunha presentación do Centro Comercial Aberto de Foz e con diferentes seccións. Haberá un escaparate individual ou privado para cada negocio participante con xestor de contidos para o mantemento e actualización de produtos, fotografías, textos, etc… Na tenda online os artigos estarán clasificados en diferentes niveis, contará con buscador por nomes ou categorías, disporá de carriño da compra e realización de pedido online, entre outras posibilidades. As condicións de venta terán que ser definidas por cada tenda: os prazos de entrega; os custes de envío; as devolucións; as formas de pago a través de Paypal, tpv virtual, transferencia, contra reembolso…; o seguimento online dos pedidos, etc.
Paleo engade que “o obxectivo é que esta nova ferramenta de traballo estea lista para mediados do mes de maio. Nesas datas podería rematar o estado de alarma e queremos estar preparados para ofrecerlles ao nosos socios e socias esta posibilidade e á súa clientela, á que teñen en Foz e na súa contorna e a esa outra que visitaba a localidade con frecuencia, porque contan con segunda residencia aquí, ou porque viñan aos hoteis pasar as súas vacacións e eran fieis clientes do comercio focense. Queremos que o sigan sendo, cando poidan vir aquí, pero tamén que o sexan desde as súas casas. Este centro comercial virtual ten como destinataria á clientela do comercio de Foz, sexa de onde sexa e estea onde estea”.
Na posta en marcha desta iniciativa do CCA colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



