Compostela, 18 de abril de 2020. Galicia en Común-Anova Mareas trasladou hoxe as propostas da coalición en materia de vivenda para que as familias galegas poidan afrontar con garantías habitacionais a crise social derivada da Covid19.
“O goberno de Núñez Feijóo non pode quedar de brazos cruzados e debe desenvolver, como fixeron tamén o goberno do Estado e os gobernos doutras comunidades autónomas, medidas que eviten que os galegos e galegas perdan a súa vivenda”, sinalou o voceiro da coalición.
Antón Gómez Reino lembrou que “hai construído un gran escudo social e medidas históricas postas en marcha polo Goberno Central que están ao dispor das autonomías. ¿Por que Feijóo non as emprega?”.
En materia de vivenda, Galicia en Común-Anova Mareas propón unha serie de medidas para evitar que as familias galegas máis afectadas pola crise da Covid19 perdan as súas casas.
“Pedímoslle ao señor Feijóo que exonere ás familias do pago de aluguer nas vivendas de Protección do IGVS ata, como mínimo, o mes de xuño”, sinalou Gómez Reino.
Esta medida aplicouse en Euskadi, mentres que en Galicia tan só se anunciou unha moratoria para o mes de abril. A segunda medida propón extender o bono de aluguer ao 100%, incluíndo gastos de comunidade, para todas aquelas persoas que viran os seus ingresos reducidos un 75%.
Ademais, a coalición pídelle ao goberno galego que aplique con celeridade e coa máxima dilixencia o decreto ministerial 336/2020 do Plan Estatal de Vivenda 2018/2020 onde se inclúen medidas para vítimas de violencia machista, persoas en situación de vulnerabilidade, prohibición dos desfiuzamentos ou extensión dos contratos por seis meses.
“O Ministerio fixo o seu traballo e mobilizou unha inxente cantidade de recursos que deben desenvolver as Comunidades Autónomas”, indicou Gómez Reino.
Finalmente GeC-AM propón tamén axudas directas a estudantes para o pago de alugueiro de pisos e residencias universitarias ata que dure o estado de alarma e para todas aquelas familias que perderan ata o 75% dos ingresos, así como “para o presente e o futuro, que o IGVS faga unha aposta decidida por aumentar o parque de vivenda pública”, engadiu o portavoz.
Gómez Reino recordou que “nesta crise todas as administracións teñen que poñer os seus recursos a disposición do ben común, e iso inclúe á Xunta de Galicia, sen excusas”.
O portavoz de GeC-AM asegurou que “non podemos saír desta crise como o fixemos da crise de 2008, onde se emprobeceu aínda máis aos que menos teñen. Desta non se pode deixar a ninguén atrás”.




















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



