Lugo, a 29 de abril de 2020. “Chegou á presidencia e fixo instalar un cronómetro no salón de plenos para controlar os tempos das intervencións. Niso foi tan eficaz como en poñer orde de xeito expeditivo no seu partido. Pero, a partir de aí, co socialista José Tomé a Deputación chega tarde a todo, en todas as áreas de xestión”. Así resume o portavoz popular, Javier Castiñeira, a traxectoria de Tomé ao fronte do organismo provincial. “A súa demostrada ineficacia na xestión resulta especialmente grave nunha crise sanitaria e económica como a que atravesamos”, di tamén Castiñeira, que cualifica de “impresentable e inexplicable que a Deputación estea aínda agora facendo o primeiro reparto de material sanitario de seguridade fronte ao Covid-19”.
Para o portavoz popular na Deputación constitúe un feito incontestable que “o presidente do cronómetro sempre chega tarde en materia de xestión”. Como exemplo do que di, cita que o 7 deste mes a Xunta entregou material sanitario de protección a 115 centros asistenciais de Lugo, e houbo que esperar ata o 28 para que a Deputación aportara ese tipo de material ás súas propias residencias. O dato, di Castiñeira, é revelador. “Está claro que o cronómetro que Tomé fixo instalar no salón de plenos para controlar o tempo de intervención dos deputados, que non os del, funciona ben; pola contra, o cronómetro do presidente no vai nada ben, se xulgamos pola súa xestión”.
Castiñeira xa avisou nalgunha ocasión anterior a Tomé de que “corre o risco de pasar á historia como o peor presidente da Deputación, polo menos no actual período democrático”. Para o portavoz popular, por chegar tarde, chegou tarde ata para darse conta de que o primeiro e único pleno celebrado xa baixo as normas de confinamento, tiña que ser telemático. O PP tivo que insistir unha e outra vez e demostrar mediante unha resolución xudicial que tiña que ser así.
O portavoz do PP na Deputación sinala: “Tomé tamén chegou tarde á compra de material sanitario de protección contra o Covid-19. Primeiro dixo que non pensaba compralo para non interferir con outras administracións nun mercado que resultaba moi complexo; pero, claro, tivo que acabar comprando. Outra vez tarde, e xa se verá se ben ou mal”.
Castiñeira tamén destaca que Tomé desoíu as propostas do PP para reunir á xunta de portavoces e contactar con todos os sectores produtivos, para ver como pode ser máis eficaz a Deputación para a reactivación económica. “Tarde tamén nisto, e mal; ao final fixo o que se lle dixera, e xa fixera o grupo provincial do PP, pero executouno sen xeito e, polo visto ata o de agora, sen que tivese tradución en medidas reais”, engadiu Castiñeira.
Os populares afean a Tomé que non convocase a sesión plenaria ordinaria correspondente a abril, pese a que xa quedou demostrado que non hai problema algún para que as sesións se celebren por medios telemáticos.
Agora que se inicia a desescalada no confinamento, é preciso, di o portavoz popular, que a Deputación deseñe a súa propia folla de ruta para colaborar no retorno á normalidade na provincia. Teme que o goberno presidido por Tomé non teña nada realmente preparado para afrontar esta etapa. “Sospeito que tamén neste caso, Tomé sexa o presidente do cronómetro que sempre chega tarde en todas as áreas de xestión”, declarou Castiñeira.



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



