Santiago de Compostela, 20 de abril 2020. Os representantes do BNG na FEGAMP piden á Xunta que deixe de “vender” como medidas excepcionais para os concellos pola crise da COVD-19, recursos que xa lle correspondían e que son obrigas da propoia Xunta. Para os e as responsables nacionalistas, anunciar o reparto do Fondo de Cooperación Local como unha axuda aos Concellos nesta situación é “unha burda manipulación política dos medios públicos” e reclaman “respecto institucional aos concellos galegos”.
Os membros do BNG na FEGAMP piden á Xunta que cese no “seu uso partidista” do da COVID-19 revestindo como “medida excepcional” axudas do goberno aos concellos, un anuncio utilizado para “o beneficio do PP e do propio Feixóo.
O alcalde de San Sadurniño e a alcaldesa de Barreiros manifestan que a última das saídas de ton da Xunta foi pretender vender os recursos do Fondo de Cooperación Local como unha axuda do goberno galego aos concellos para afrontar a crise do COVID-19, fondos, explican, que corresponden aos concellos por “dereito en función duns criterios obxectivos, como poboación, superficie ou núcleos de poboación que se toman como referencia para o reparto da participación nos tributos que recada a Xunta.” Polo tanto, “a Xunta non está habilitando ningún mecanismo extraordinario para axudar aos Concellos para afrontar esta crise, está cumprindo coas súas obrigas como administración galega”.
Pola súa parte, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, sinala que “a utilización dos recursos do Fondo de Cooperación decídea cada Concello en función das necesidades para o seu funcionamento ordinario, polo que contar con eses fondos non supón ningún tipo de axuda extra por parte da Xunta, pois son fondos ordinarios nos orzamentos municipais.”
Os representantes municipais do BNG reclaman que á Xunta “cese na utilización partidista dos medios públicos” e das obrigas que ostenta como administración galega e demostre a “lealdade institucional” da que tanta gala fai, como o están a facer todos os Concellos galegos desde o primeiro momento, aportando por medio da súa representación no CECOP e asumindo en moitos casos competencias que a administración galega, como autoridade sanitaria non afronta como o subministro de material de protección á poboación.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



