Burela, 20 de abril de 2020. A Concellería de Medio Ambiente, por segundo ano consecutivo contratou os servizos de SERPA, empresa especializada na extinción da avespa asiática. Son os encargados de levar a cabo o trampeo profesional de raíñas velutinas no noso territorio.
A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explica que “antes de colocar as trampas foi preciso realizar un estudo térmico do territorio. Este ano, como novidade, reforzamos o trampeo nas zonas limítrofes cos concellos de Foz e Cervo, para controlar as entradas de raíñas sobrantes doutros lugares. Ditas trampas realízanse con recipientes de plástico cun líquido especial que atrae ás velutinas, e colócanse en árbores con floración, pois é onde van comer as raíñas. Nestes intres as raíñas comezan a fabricar os niños primarios, que soen instalar a baixa altura e nos noiros. Ao instalar as trampas e capturar esas raíñas evítase que o seu ciclo avance. De feito, unha vez rematada a primeira fase en Burela capturáronse 101 raíñas”.
A concelleira burelesa invita “aos veciños a realizar o trampeo nas súas fincas, xardíns ou hortas, xa que a empresa contratada para tal fin non pode acceder a fincas de titularidade privada. O ano pasado notouse moito a participación activa dos veciños e veciñas de Burela. Se alguén non sabe como facelo ou ten dúbidas ao respecto pode poñerse en contacto con nós”.
Eijo engade que “se algún veciño divisa algún niño de velutina no pobo só ten que poñerse en contacto coa oficina de Medio Ambiente do noso Concello, que pasará o aviso aos operarios de SERPA e estes procederán a retiralo en breve”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



