Foz, 4 de abril de 2020. O Concello de Foz está a realizar hoxe, sábado, unha desinfección completa de urxencia no interior das instalacións da residencia e centro de día para maiores focense. Este traballo foi encargado a unha empresa homologada para este labor.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o obxectivo é eliminar calquera posible foco de infección que ficara na residencia despois dos casos positivos detectados, de forma que os protocolos de prevención do COVID-19 sexan o máis efectivos posibles”.
O rexedor municipal engade que o Concello de Foz “determinou tomar a iniciativa por unha tripla cuestión:
Por responsabilidade e porque a prevención sanitaria é a nosa máxima prioridade nestes momentos.
Porque así o establece a Orde SND/265/2020 do Ministerio de Sanidade, no que se reflicte no punto sétimo, que debe ser a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a que debe ditar as resolucións, disposicións e instrucións respecto a esta crise nas residencias de maiores.
Porque ante a falta de resposta da Xunta de Galicia, que está a facer desinfeccións parciais unicamente no exterior dos edificios que o propio Concello ven realizando diariamente desde hai máis de 15 días, vémonos na obriga de tomar a iniciativa e proceder á desinfección cos nosos propios recursos”
Para rematar Fran Cajoto destaca que “os traballos realízanse cunha empresa homologada como entidade autorizada para servizos biocidas, de forma que un certificado garantirá a correcta desinfección do centro”.




















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



