Viveiro, 4 de abril, 2020. Durante estes días de confinamento, organizacións e movementos asociativos do país, que representan a persoas con discapacidade intelectual, TEA e parálise cerebral e ás súas familias, levan días levantando a voz para denunciar un feito incívico, intolerante e inhumano: berros e insultos a persoas con discapacidade e con especiais dificultades para soportar a situación de confinamento que saen das súas casas, acompañadas, Estes paseos terapéuticos están permitidos na instrución que modificaba o artigo 4 do Real Decreto de declaración do estado de alarma, do 17 de marzo.
Isto levou a movementos asociativos como Plena Inclusión a denunciar a situación ante o Defensor do Pobo en vésperas do 2 de abril, Día Internacional do Autismo, subliñando as repercusións directas na saúde física e psicolóxica das persoas, con ou sen discapacidade, que derivan de tales accións.
Doutra banda, movementos como Plena inclusión opóñense á opción de que as persoas con discapacidade saian á rúa portando distintivos que lles identifiquen, tal e como estivo circulando nas redes sociais, xa que iso vai en contra da Convención da ONU sobre Dereitos das persoas con Discapacidade na que se defende o respecto á privacidade, e onde se engade que as persoas con discapacidade teñen dereito a ser protexidas de toda inxerencia arbitraria na súa vida privada.
Por todo isto, e ante posibles situacións similares neste concello, o BNG de Viveiro solicita ao equipo de goberno que dispoña que os servizos policiais interveñan e garantan paseos sen incidentes, sancionando os feitos se é preciso xa que durante o estado de alarma estes deben asegurar o acceso a esa utilización xustificada e excepcional da vía pública.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



