Lugo, 7 de abril de 2020. O Goberno da Deputación de Lugo decidiu doar o 30% do salario do mes de abril dos 13 deputados e deputadas do PSdeG e do BNG que conforman o Executivo provincial para paliar os efectos derivados da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explicou que con esta medida, “máis alá da contía económica que pode supoñer esta doazón en si mesma, queremos que sexa un xesto de solidariedade coa cidadanía e coas empresas que perderon os seus ingresos habituais e que están atravesando momentos difíciles”. Ademais, engadiu, “como responsables políticos, como persoas con vocación de servizo público, temos que dar exemplo nesta crise sanitaria que ten un gran impacto económico e laboral. Hai actos como esta doazón dunha parte dos nosos soldos co que, sen solucionar o grave problema sanitario, queremos sumarnos á gran resposta de solidariedade que está amosando a sociedade lucense con quen o está pasando peor e enfrontándose en primeira liña a esta situación”.
O Executivo provincial quere que a cantidade que doen dos seus salarios se destine a paliar os efectos derivados do impacto da crise do coronavirus. “Estamos nun momento no que cómpre fortalecer a nosa sanidade pública, o estado de benestar e a reconstrución económica e social. Como representantes de todos os veciños e veciñas da provincia ao fronte desta institución debemos seguir tomando medidas políticas no ámbito social e económico para paliar a crise, fixémolo e seguirémolo facendo, pero tamén creo que debemos amosar que podemos poñer o noso grao de area persoal nesta causa”, afirmou o Presidente.
Na mesma liña, a Vicepresidenta, Maite Ferreiro, sinalou que a doazón é “só un xesto simbólico que en ningún caso substitúe o papel das administracións. Esta emerxencia sanitaria evidencia a necesidade de afortalar a sanidade pública, os servizos de protección social e a investigación; e iso require unha decidida aposta política polo público”.
“Estamos vivindo unha gravísima situación de emerxencia sanitaria que golpea a todo o país. Unha situación que nos provoca a todos desconcerto e unha fonda preocupación, nos nosos veciños e veciñas, nas familias, nos traballadores e traballadoras e nas empresas, polas consecuencias que pode levar consigo a nivel social e económico”, asegurou o Presidente, quen lembrou que a Deputación está a adoptar por elo un conxunto de decisións para facer fronte á crise. Deste xeito, entre outras medidas, a través do Plan Único, vén de poñer a disposición dos Concellos de maneira directa 21,3M€, dos que a metade, máis de 10,6M€, poderán destinalos a medidas sociais fronte ao Covid-19, o que supón o maior esforzo económico feito polo conxunto das administracións na provincia de Lugo contra esta pandemia.




















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



