Viveiro, 23 de abril, 2020. Propostas do BNG para a reunión semanal que terá lugar este venres
Información á veciñanza respecto das máscaras:
Dado o actual descoñecemento ou mal uso que estamos a constatar con relación ás máscaras faise necesaria a actuación do concello como ente de retransmisión de coñecemento, distribuíndo un pequeno manual de cómo usar as máscaras, podendo ser en formato papel, a través dos negocios que están abertos, centro de saúde, etc. Como tamén en formato vídeo para as redes sociais.
Vólvese pois unha necesidade imperiosa manter informada á veciñanza da importancia de facer un bo uso das mesmas, polo que dende o BNG instamos ao concello a poñer en marcha este tipo de campañas de información.
En canto ao comercio:
Dado o actual cambio nos horarios dos estabelecementos abertos ou pechados, é preciso manter informada á veciñanza para así facilitar os desprazamentos aos comercios. Para isto, propoñemos ao Concello que elabore un “mapa interactivo de todos os negocios e empresas que están abertos” e difundir a través das redes e prensa, para que a veciñanza poda saber sen saír da casa cales son os establecementos e negocios que ten máis perto da vivenda e os seus horarios.
Para paliar a actual situación dxs praceirxs que non poden realizar a súa actividade nos mercados semanais e darllle saída aos produtos de horta das praceiras, instamos ao concello a habilitarlles temporalmente un posto no mercado municipal tendo en conta que agora mesmo hainos baleiros, para que as interesadas poidan vender desde alí os seus produtos, organizándose elxs os tempos e días.
Promover dende o concello unha plataforma conxunta para os comercios de Viveiro, Mercado Municipal, e productores locais facilitando así a a entrada na venta online aos comerciantxs e productores do concello. Podendo habilitar un pequeno espazo para cada establecemento onde cada quen poderá xestionar a infromación que considere oportuno publicitar.
























Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincaron as Noites de Futbol na Praia do Torno.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.



