Burela, a 8 de abril de 2020. O Grupo Municipal Popular burelés, por medio do seu portavoz Manuel Rouco, denuncia “a parálise absoluta” na que está instalado o alcalde, Alfredo Llano, e o seu equipo de goberno, significativamente o concelleiro de Sanidade, José Díaz. “A día de hoxe, levamos dende o pasado 25 de marzo, ou sexa, dende hai dúas semanas, sen reunións do comité de seguimento da crise do Covid-19, sen que se nos transmita información de ningún tipo sobre o que se fixo nestes últimos días, nin sobre o que está previsto facer”, indica o portavoz popular.
Rouco sinala que “o concelleiro de Sanidade está desaparecido, e iso que cobra unha dedicación parcial. Iso si, vemos que está moi preocupado por informar sobre suspensión de concertos, o que non nos parece mal, pero nada interesado en informar sobre o que está a facer o Concello en materia de saúde pública dentro das súas competencias; por exemplo, non sabemos como se ten distribuído o material de protección individual que a Xunta ten remitido á entidade local”.
O portavoz popular indica que “o que parece preocupar a Llano é como facer o pleno telemático, tentando colgarse a medalla de ser o primeiro Concello da Mariña en facelo. Pero nada coñecemos das actuacións que ten previsto aplicar en materia de axuda ao tecido comercial, vía axudas ou exención do pago de certos impostos e taxas públicos, e en materia de emerxencia social. E tampouco temos resposta a unha petición de información que formulamos por escrito en relación co Covid-19, na que solicitabamos copia da documentación acreditativa, da recepción de EPIs por parte do Concello de Burela durante o estado de alarma xerado pola crise sanitaria e do reparto deses EPIs por parte do mesmo”.
Neste sentido, previamente, xa hai tres semanas, tamén se solicitou información, entre outra, relativa ao informe elaborado pola concellería correspondente relativo ao servizo do SAF e coincidente coa crise do Covid-19, listado de instalacións remitido ao Ministerio do Interior e postas á disposición polo Concello de Burela, protocolos elaborados polas diferentes concellarías para incrementar as medidas de seguridade e o plan de desinfección de espazos públicos que se está a realizar, segundo explica Rouco.
Rouco lamenta que “Llano continúe ao seu ritmo de traballo, ou sexa en punto morto, cando outros municipios están tomando medidas e promovendo axudas variadas. Burela pode perder unha parte substancial do seu tecido comercial, e sen dúbida está a perder definitivamente o tren de liderar propostas de activación económica e social ante a crise sanitaria que estamos a vivir e a económica que continuará logo de rematada a sanitaria”, conclúe.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



