Santiago de Compostela, 7 de abril 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón mantivo hoxe, a través de videoconferencia, un encontró con representantes de diferentes sectores da cultura galega aos que trasladou o apoio e compromiso dos concellos e deputacións gobernados polo BNG, ou con representación, para poñer en marcha medidas urxentes co fin de reactivar o sector.
Para a portavoz nacionalista, a cultura está vivindo un “ERE invisible” e asegura que a crise do Covid-10 contata que a cultura “é necesaria para crear cohesión social é un sector básico da economía galega. “O sector da cultura galega ten que saír reforzado desta crise con apoio e colaboración, tras moitos anos de debilitamento”, recalcou.
Medidas urxentes para reactivar o sector cultural galego
O BNG trasladará a Cultura unha batería de medidas destinadas a reflotar o sector cultural galego gravemente danado pola crise do coronavirus. A portavoz do BNG anunciou que resulta imprescindible activar as liñas de axudas pendentes e poñer en marcha “unha liña específica” para compensar as perdas do sector cultural. “Urxe crear liñas de axuda para as empresas complementarias aos préstamos ICO e avaladas polo IGAPE”. Pontón tamén destaca o importante papel dos medios públicos e propón que a CRTVG impulse o sector cultural coa compra de material audiovisual realizado acompañando esta medidas coa contratación dunha programación cultural específica para que a través da TVG e RG, explicou, poidamos ver e escoitar música, teatro e outras disciplinas artísticas. Neste momento, aseverou, hai que botar man das produccións propias e destacar estas producións no Xacobeo 2021 para o que pediu unha nova reprogramación apoiando as inicitivas do sector cultural galego.
Diálogo da Consellería de Cultura co sector
Por outra parte, Pontón apelou ao diálogo entre a consellería de Cultura e o sector e declarar a cultura como “ben de primeira necesidade” como xa fixeron en Alemania e Francia.
É necesario, engadiu a nacionalista, crear “unha Oficina técnica” que dependa da consellería para elaborar informes sobre a incidencia da crise na cultura galega e prestar asesoramento e asistencia técnica para a obtención de axudas estraordinarias derivadas da crise. “Crear un portal web específico para informar aos distintos sectores culturais das medidas e decisións que a Xunta de Galiza e outras administración adopten nesta materia”.
O BNG propón liñas de axudas de compensación
Dentro das propostas do BNG figura a creación de liñas de axudas específicas e con partidas orzamentarias concretas para a reactivación dos sectores culturais, que teñan en conta toda a cadea na creación cultural (provedores, distribuidoras, produción…).Creación, por parte da AGADIC e o IGAPE, dunha liña de préstamo especial para financiar as necesidades de liquidez das empresas dos diferentes sectores profesionais da cultura galega, suspensión temporal do pagamento de cotas de préstamos bancarios concedidos para as empresas culturais destinados a investimentos en equipamento técnico, vehículos,escenografías e en xeral as necesidades de investimento propias da creación, produción e distribución.
Redefinir a programación do Xacobeo 2021 e reducir o IVE do 10% ao 4%
Pontón pide redefinir a programación do Xacobeo 2021 para convertelo nunha ferramenta de “reactivación e apoio aos sectores profesionais da cultura galega”. mantendo os contratos e reprogramación en novas datas así como garantir as aportacións da Consellaría de Cultura e resto de administración públicas das actividades culturais canceladas. En redes e circuitos, tamén medidas extraordinarias de prórroga dos períodos de programación, flexibilidade de cambios de data e “reducir o IVE cultural do 10% ao 4%”.
Finalmente, o BNG reclama non revocar as subvencións concedidas para 2020, axilizar os pagamentos pendentes das administracións públicas, modificar as bases de convocatoria de subvencións polo coronavirus para contemplar o pagamento anticipado parcial das subvencións (70% no momento da resolución, 30% no momento da xustificación), como medida para inxectar liquidez no sector e “crear un bono cultural” que estimule o consumo da cultura galega.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



