Lugo, a 28 de maio de 2020. A CIG advertiu ao presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, que non vai consentir ningunha medida de axuste da produción ou do emprego na fábrica de San Cibrao e que dará toda a resposta que sexa necesaria contra calquera intento de desmantelar o complexo industrial da Mariña. Un recado que a central sindical tamén estende aos Gobernos español e galego a quen insta a non colaborar con esta lóxica destrutora de Alcoa e a intervir na salvagarda do noso tecido produtivo.
Así llo expuxo o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen esta mañá participou, xunto cos delegados e delegadas da central, na reunión convocada pola dirección de Alcoa para informar dos plans de recortes que manexa a multinacional norteamericana para o complexo mariñao, que inclúen a eliminación da produción de aluminio e o despedimento de máis de 500 traballadores/as en San Cibrao (sen contabilizar o impacto que terá esta decisión sobre o emprego das auxiliares, que a día de hoxe superan os 700 traballadores/as).
Na xuntanza, Carril demandou a retirada inmediata desta proposta en tanto non se leve adiante toda a axenda que se acordou na mesa multilateral creada o pasado 23 de xaneiro para abordar a problemática do complexo de San Cibrao. E neste senso, critica que por parte do Goberno non se teñan convocado todas as reunións necesarias para evitar precisamente chegar a este punto.
Carril díxolle a Alcoa ten que “aguantar dos números” que presenta (que a CIG nega) nun momento tan crítico como o actual, no que a industria debería ser exemplo de mantemento do emprego e das condicións laborais; e advertiu que a chantaxe e as ameazas permanentes sobre San Cibrao (como no seu día sobre a planta da Coruña) “presentan unha realidade que dende a CIG non imos tolerar. E menos aínda imos consentir medidas como as anunciadas hoxe”.
Así mesmo, insistiu na necesidade de impedir que a multinacional aplique recortes que afonden na crise industrial que atravesa Galiza, que nos últimos anos ten deixado un regueiro de peches de empresas e despedimentos por todo o país. Esta crise, subliña, aínda se agravará máis pola “nefasta xestión” da pandemia da Covid19.
Incompetencia dos Gobernos
O plan de desmantelamento progresivo da factoría de San Cibrao, engade Carril, vese propiciado pola incompetencia e o incumprimento reiterado por parte do Goberno español para dar solución ao marco enerxético. A falta dunha tarifa industrial ofrécelle a Alcoa unha escusa idónea para xustificar recortes na produción e ameazar a continuidade dos empregos. Tampouco ten axudado, engade o secretario xeral da CIG, a inacción da Xunta de Feixoo, que durante todo este tempo estivo máis preocupado por botar responsabilidades fóra que por exercer as competencias que ten en materia de industria e encabezar unha fronte común na defensa da nosa industria.
“Non é xusto que os traballadores e as traballadoras sexan as vítimas das decisións de Alcoa, máis aínda despois das intensas mobilizacións e presións que realizando na demanda dunha nova regulación do marco enerxético”, espetoulle.
Nesta liña, apunta ademais á responsabilidade directa do Goberno de coalición ante posíbeis medidas de axuste ou o peche de Alcoa San Cibrao. “Esa sería a máxima expresión das terríbeis consecuencias de manter a reforma laboral do PP, porque de terse derrogado, Alcoa non tería todo o poder de decisión senón que, por exemplo, precisaría da autorización administrativa previa para poder executar un despedimento colectivo”.
Intervención pública das plantas
Diante disto, a CIG reitera á necesidade da intervención pública e o retorno ao ámbito público do sector do aluminio (tanto da fábrica de San Cibrao como da Coruña), atendendo ademais ao que está pasando noutros territorios. Neste senso, Carril lembra que xa hai un informe da UdC (elaborado a petición da CIG) que avala a legalidade e a viabilidade da adquisición pública das plantas, que se podería materializar a través da SEPI.
“O que non pode ser é que un sector estratéxico para Galiza como o do aluminio e do que dependen milleiros de empregos, estea en permanente ameaza polas decisións que se toman en centros de poder moi afastados da nosa terra”, conclúe.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



