Das 600 persoas mortas pola Covid-19 en Galicia un 46% morreron nas residencias da terceira idade. E máis do 25% nas residencias de Geriatros e demáis sociedades do greupo Domus Vi, sobranceando os 50 mortos dos 150 residentes de San Lázaro-Santiago de Compostela e as 29 persoas mortas na Residencia de Aldán-Cangas (dun total de 100 infectados sobre 142 residentes), e 27 de Barreiro-Vigo. A primeira non foi intervida pola Xunta e as outras dúas si.
Estes números chocan cos das residencias públicas onde case non houbo infectados nin, xa que logo, falecidos. E teñen moito a ver coa xestión do servizo sociosanitario que os distintos actores privados desenvolven no noso País diante da neglixente actuación da Xunta de Galicia, na súa tripla función de comitente dps contratos públicos de xestión das residencias públicas de xestión privada, concertadora das prazas financiadas con fondos públicos nas residencias de xestión privada e Adminitración competente para a autorización de apertura e inspección do funcionamento dos operadores privados neste eido asistencial.
Ademais chove sobre mollado. O Consello de Contas denunciaba no seu informe de 2017 que no 2014 houbo 65 actas de inspección e no 2015 57 que constataron graves incumprimentos en residencias de xestión privada. Moitos destes incumprimentos atinxían ao miolo da cuestión: o incumprimento dos ratios mínimos de persoal (0,35 traballadores/persoa dependente usuaria). En ningún destes casos resolveríase a deficiencia nas seguintes visitas inspectoras. En ningún destes casos a Xunta seguiu un procedemento sancionador nin impuxo sanción ni medida correctora ningunha. Mentres, o presidente da Xunta, preguntado “ad hoc” no decurso das súas comparecencias cotiáns durante esta tempada de pandemia, negou tres veces (como San Pedro no Evanxeo) coñecer un informe que constitúe de seu unha das preocupacións anuais sobranceiras das persoas que ocupan un alto cargo na Xunta de Galicia.
U-la causa da catástrofe humanitaria nas residencias de xestión privada de Domus Vi e doutros operadores fronte á ausencia de casos nas públicas do Consorcio Galego de Servizos Sociais? Porqué no primeiro caso estase a gañar cartos, malia que non se cumpran as ratios de asistencia e no segundo estase a coidar das persoas usuarias.
Cando semella que o perigo desta primeira ondada da Coivid-19 está a pasar falta aínda un mea culpa do Presidente da Xunta que permitiu, coa súa inacción, que existisen as circunstancias de base que permitiron esta catástrofe humanitaria. E falta tamén unha explicación pública do grupo Domus Vi e da súa CEO viguesa.
Geriatros obtivo no 2018 unha marxe positiva de explotación de 15 M € sobre os 85 M€ facturados. Gaña moito máis por usuario do que gasta na súa alimentación. Na vida existe moita máis causalidade ca casualidades.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



