Ribadeo, 2 de maio de 2020. Gráficas Ribadeo estrea servizo de láser e rotulación. A empresa, creada en 1998, elabora biombos personalizados, pvc´ s de parede e sobremesa e indicadores de chan. Todo co obxectivo de que os negocios se adapten á nova situación ocasionada polo Covid-19.
A firma ribadense ofrece este novo servizo que se une ao traballo que vén desenvolvendo desde hai 22 anos e que ata a data estaba centrado no deseño, as impresións offset e dixital e a serigrafía.
O propietario de Gráficas Ribadeo, Gráficas Vegadeo e Iriarte Artes Gráficas, Francisco Iriarte Quintana, sinala que “ponemos en marcha este nuevo servicio, el de láser y rotulación, con la intención de ampliar nuestra cartera de clientes y para ofrecer un abanico de trabajos lo más amplio posible”.
Iriarte explica que “ahora estamos trabajando en la elaboración del material de protección que muchos negocios nos están demandando de cara a las aperturas que se van a efectuar en las próximas semanas. Me refiero a mamparas personalizadas; a pvc,s de pared y sobremesa con recomendaciones diversas como la distancia de seguridad, la necesidad de usar mascarillas y guantes, etc; y también indicadores de suelo”.
Desde Gráficas Ribadeo o seu propietario engade que “lo que nos toca a todos es adaptarnos a la nueva normalidad que se avecina. Ahora mismo no hay actividades culturales, no hay fiestas, no hay espectáculos… lo que ha hecho que el trabajo de diseño de programas o carteles haya desaparecido. Lo mismo ocurre con la restauración, que está cerrada, osea que no se organizan jornadas o eventos gastronómicos, no se estrenan cartas. Todo ese trabajo no lo estamos haciendo. Tampoco se están encargando publicaciones como libros, planos, callejeros…”.
Francisco Iriarte engade que “tras varias semanas cerrados, en los próximos días abriremos nuestras instalaciones para ofrecer este nuevo servicio. Esperamos que la normalidad se vaya recuperando poco a poco”.
Gráficas Ribadeo conta na actualidade con 5 traballadores no seu persoal.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



