Ribadeo, 21 de maio de 2020. O Concello está a repartir a primeira remesa de títulos do aforo máximo permitido aos comercios e locais hostaleiros que solicitaron a realización deste cálculo. O cartel plastificado que se lles entrega debe estar colocado nun lugar visible á entrada do establecemento para cumprir coa normativa vixente. O alcalde, Fernando Suárez, fai unha chamada aos negocios locais para que pidan que o Concello lles calcule o aforo máximo permitido de xeito cómodo, asinando unha declaración responsable que poden atopar na páxina web municipal.
O rexedor explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos facendo entrega, no día de hoxe e a través da Policía Local, da primeira remesa de títulos de aforo máximo permitido, que é o que todos os establecementos, sexan comerciais, de hostalería, de restauración, etc…, teñen que ter, de maneira obrigada, sempre visible á entrada do establecemento. A partir dese aforo máximo, é a porcentaxe que hai que calcular coas normativas ou coas instrucións que o Goberno do Estado, en función das fases de desescalada nas que nos imos ir vendo sometidos nos seguintes días”.
Suárez Barcia dixo que “sen prexuízo de que estas cartolinas hai que poñelas de maneira definitiva sempre, porque así o manda a lei, nosoutros desde o Concello quixemos facilitar tanto a operación de cálculo como a emisión e impresión do propio título de aforo para que lles sexa máis doado a todos os titulares dos establecementos”.
O alcalde insistiu: “todos os titulares de negocios que aínda non nolo pediron que o fagan dunha maneira cómoda a través dunha declaración responsable que está colgada na nosa páxina web, un modelo normalizado, que nolo manden por correo electrónico asinado, e desde a oficina técnica municipal calcularase o aforo máximo e entregarémosllo para que, a ver se nos próximos días, todos os comercios, bares e restaurantes en Ribadeo teñen este aforo máximo, para logo que a cidadanía e as forzas de orde saiban, segundo as normativas de aplicación en cada caso, cal é a porcentaxe máxima de persoas que poden estar dentro dun local”.


























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



