Viveiro, 19 maio de 2020. O grupo municipal do PP avisou nos primeiros días deste mes de que “a alcaldesa de Viveiro ofrece aos veciños un plan de intervención municipal para paliar os efectos da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 que lle debe ao PP o que ten de bo, e a alcaldesa, todo o demais, como, por exemplo, unha evidente falta de previsión para executalo”. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que agora se constata a total falta de previsión do goberno municipal porque a aplicación das axudas demórase moito máis do que precisan os veciños de Viveiro
Rodríguez expresa unha vez máis a vontade de colaboración leal e de traballo dos concelleiros do seu grupo, pero di que, á vista das circunstancias, é inevitable ter que afear a alcaldesa e ao seu equipo a falta de xestión nun asunto de tanta relevancia como é que a axuda municipal chegue aos veciños de Viveiro. “O goberno municipal sempre chega tarde. Fai xa un mes que nós presentamos as nosas propostas de intervención para paliar os efectos da crise, tanto no terreo sanitario, como no económico; moitas desas iniciativas aparecen recollidas na lista de medidas presentadas pola alcaldesa, pero sen que ninguén falase para nada con nós”.
O portavoz popular di que “María Loureiro chegou tarde á decisión de que medidas tomar, pero é que agora non sabemos nada de que pasa coa súa aplicación, porque parece que non se dan pasos para xestionar os 500.000 euros dos que falou”. Os populares queren saber como vai artellar o goberno municipal o uso deses cartos desde o punto de vista administrativo, mediante decisións de que órganos municipais. No PP de Viveiro queren saber cantos cartos dos anunciados chegaron xa aos veciños de Viveiro e, se aínda non chegaron, cando e baixo que forma se van xestionar.
Rodríguez considera que esta é unha desas ocasións en que, como xa dixo máis veces, se demostra que “os socialistas, polo menos en Viveiro, teñen un grave problema: carecen de ideas para gobernar e, cando non están paralizados, reaccionan tarde e mal”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



