O alcalde, Fran Cajoto, explicou que “este mércores tivo lugar unha festa do San Xoán en Vilaronte un pouco diferente. Hai que agradecer o bo traballo da Asociación Cultural O Atrio, que permitiu que a data neste ano 2020, pese ás dificultades, non permanecese esquecida. Á elaboración dunha alfombra floral e unha misa ao aire libre seguiulle a actuación da Banda de Música de Foz, nun concerto no que se gardaron as debidas distancias de seguridade”. O rexedor engadiu: “estamos orgullosos de ter unha banda e unha escola de música como as que hai en Foz, a calidade témola na casa”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



