Foz, 16 de xuño de 2020. A Casa da Cultura, de Foz, acollerá o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:30 horas a presentación da plataforma web de venta online do Centro Comercial Aberto.
Trátase dunha iniciativa na que a asociación leva traballando varias semanas. A aplicación web contará cunha presentación do Centro Comercial Aberto focense e con diferentes seccións. Haberá un escaparate individual para cada negocio participante con xestor de contidos para o mantemento e actualización de produtos, fotografías, textos, etc… Na tenda online os artigos estarán clasificados en diferentes niveis, contará con buscador por nomes ou categorías, disporá de carriño da compra e realización de pedido online, entre outras posibilidades. As condicións de venta terán que ser definidas por cada tenda: os prazos de entrega; os custes de envío; as devolucións; as formas de pago a través de Paypal, tpv virtual, transferencia, contra reembolso…; o seguimento online dos pedidos, etc.
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo dixo que “estamos preparados para a nova normalidade, que acabamos de estrear, co obxectivo de ofrecerlles ao nosos socios e socias esta posibilidade e á súa clientela, á que teñen en Foz e na súa contorna e a esa outra que visitaban a localidade con frecuencia, porque contan con segunda residencia aquí, ou porque viñan aos hoteis pasar as súas vacacións e eran fieis clientes do comercio focense. Queremos que o sigan sendo, cando poidan vir aquí, pero tamén que o sexan desde as súas casas. Este centro comercial virtual ten como destinataria á clientela do comercio de Foz, sexa de onde sexa e estea onde estea”.
No acto deste xoves intervirán o alcalde, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, José Mª Linares, o presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez, e o presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo. Tamén asistirán os portavoces municipais no Concello focense así como membros da directiva do CCA e representantes dos comercios que se adheriron a este proxecto.
Na posta en marcha desta iniciativa do CCA colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



