Lugo, a 4 de xuño de 2020. Este xoves tivo lugar reunión coa dirección de Alcoa San Cibrao, no marco das convocatorias argalladas de maneira unilateral pola empresa coa representación social tras anunciar o seu plan de recortes de produción e despedimentos. Por parte da CIG demandóuselle á dirección que suspenda este tipo de encontros e traslade calquera negociación ao marco da mesa multilateral que o Ministerio de Industria se comprometeu a reactivar nos próximos días e que sexa neste marco “onde busquemos, negociemos e avaliemos as solucións para a fábrica de San Cibrao”.
“A vontade de diálogo e negociación por parte da representación social está máis que acreditada, como así testemuñan as intensas mobilizacións realizadas na demanda dunha tarifa industrial ou nas propostas feitas para afrontar as capacidades produtivas da fábrica, interpelando os Gobernos e á propia empresa”, lembroulle o secretario xeral da CIG, Paulo Carril á dirección no transcurso da xuntanza. Mais esta vontade dos traballadores e traballadores non está sendo correspondida por Alcoa “que actúa con mala fe, ao precipitar un falso marco de diálogo no que impón o calendario e os asuntos a tratar, coa única decisión de pechar e despedir sen vontade real de buscar unha solución”.
Carril afeoulle á dirección da multinacional que con estas reunións pretende revestir “dun carácter pre-negociador” a presentación formal do ERE, cando existe un marco propio para abordar as capacidades produtivas da fábrica “que é precisamente esa mesa multilateral, cuxa constitución non foi cuestionada por ningunha das partes representadas: Goberno español, Xunta, organizacións sindicais, comité e empresa”.
Por iso, Carril emprazou a Alcoa a retirar a súa proposta, non precipitarse na adopción de medidas, e buscar solucións nesa mesa as dúas problemáticas que formula para xustificar o cese da produción de aluminio e os despedimentos: o custe enerxético e a sobrecapacidade do aluminio. “Calquera outro ámbito de negociación no que falten dous actores fundamentais como son o Goberno español e a Xunta, será unha fraude e só servirá para que Alcoa impoña o seu discurso, pero non fale dos nosos intereses, que non son outros que buscar unha solución que dea viabilidade á actividade produtiva e garanta o mantemento de todos os empregos”, afirmou.
Neste senso o secretario xeral da CIG engadiu que resolver as causas que lastran a capacidade produtiva de San Cibrao depende de medidas e cambios normativos que só poden levar adiante os gobernos. “Alcoa di que non hai solución, pero o certo é que parece que non queren unha solución”, espetoulle.
Atenden ao impacto nas auxiliares
Xunto a isto, Carril acusou á empresa de desentenderse das consecuencias que a súa decisión ten no emprego das auxiliares, negándose a asumir esta problemática como propia. “Esta é outra razón pola que este marco de negociación non é o axeitado”, aseverou, ao tempo que culpou a multinacional do despedimento de 300 traballadores/as das auxiliares “que tamén son persoal de Alcoa. O impacto nas auxiliares non é un dano colateral, é un dano substancial”.
A Xunta ten que desenvolver un papel activo
A maiores, e aproveitando a reunión entre o comité e o conselleiro de Industria, a CIG quérelle lembrar a Conde que en abril do ano pasado se lle remitiu o informe da UdC avalando a legalidade e viabilidade da intervención pública das plantas de Alcoa (daquela altura aínda era propietaria tamén da fábrica da Coruña) e que, de non recuar a empresa nas súas decisións, actúe para encabezar unha fronte común que force unha saída neste sentido.
Ante a grave crise industrial que atravesamos, Xunta ten que intervir de maneira prioritaria a na defensa do noso tecido produtivo e dos empregos, facendo uso das competencias que ten en materia de industria. Sería un absoluto despropósito que Galiza, sendo excedentaria na produción de enerxía e soportando os custes sociais e ambientais desta actividade vexa ameazado o futuro da súa industria por culpa do alto prezo da enerxía. Por iso, a CIG reclama dos Gobernos a recuperación do control público do prezo da enerxía e afrontar unha transición enerxética de maneira que sexa realmente xusta tanto social como territorialmente.





















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



