Madrid, 12 de xuño de 2020. O Ministerio de Transportes Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) está a executar traballos de reparación en catro pasos superiores da estrada N-642, no termo municipal de Foz, nos km 29,700, 32,300, 33,000 e 33,900, cun orzamento de 600.000 euros.
Con motivo dos traballos de reparación do paso superior situado no km 32,300, cuxa estrutura resultou danada polo paso dun transporte especial o pasado mes de marzo, a partir do próximo 15 de xuño, produciranse afeccións ao tráfico dispoñendo paso alternativo a través dun carril regulado por semáforos. A duración aproximada dos traballos será de 4 semanas.
Finalizados os traballos de reparación, procederase a incrementar o gálibo vertical nos pasos superiores dos km 29,700, 32,300 e 33,000 da N-642. A elevación de gálibo vertical neses tres pasos superiores executarase en horario nocturno para minimizar a súa afección ao tráfico, con corte total da calzada e habilitando itinerarios alternativos que estarán debidamente sinalizados.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



