Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe, tras a reunión da mesa de traballo multilateral de Alcoa San Cibrao, que o Goberno segue sen comprometerse a fixar un prezo eléctrico que permita á industria electrointensiva competir en igualdade de condicións co resto de Europa, evitando así a fin da produción de aluminio primario en España e garantindo o mantemento dos postos de traballo da planta lucense.
Conde advertiu de que, como nas reunións anteriores, o encontro desta tarde rematou sen que o Goberno presentase o borrador do Estatuto para os consumidores electrointensivos e sen concretar se aceptará as alegacións de Galicia, Asturias e Cantabria para fixar un prezo eléctrico estable e competitivo. Neste sentido, o conselleiro incidiu en que, se o estatuto non recolle as alegacións, será un estatuto ineficaz, porque non dará resposta ás necesidades reais que ten a industria electrointensiva en España para ser competitiva.
Neste sentido, a reunión tamén concluíu sen saberse cales son as medidas a curto prazo previstas polo Goberno, polo que o conselleiro reclamou que se publique no Boletín Oficial do Estado (BOE) a convocatoria de poxa de interrompebilidade para o segundo semestre do ano, así como o orzamento máximo que permite a Unión Europea para as compensacións por emisións de CO2.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria fixo tamén fincapé na necesidade de medidas que acheguen establidade a futuro, cun plan específico da industria electrointensiva para acceder ao reparto dos novos fondos europeos.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



