Burela, 4 de xuño de 2020. Esta fin de semana haberá unha serie de actos en Burela para render unha homenaxe á xente do mar e ás veciñas e veciños do pobo despois de que foron suspendidas as festas patronais como consecuencia do Covid-19. O sábado haberá unha alfombra floral na praza do Concello, o domingo terá lugar unha misa e a baixada da Virxe ata o barco museo Reina del Carmen e o martes celebrarase a ofrenda floral aos náufragos. A presidenta da comisión de festas e concelleira Toñi Eijo agarda que non se produzan aglomeracións e que se manteña o distanciamento social.
Toñi Eijo contou que “imos facer unha alfombra, na praza do Concello, que farán dez persoas con EPIS, dedicada ao mar. Empezarán o sábado, ás nove e media, a facer a alfombra que terá dez metros de largo por cinco de ancho. A ver se o tempo nos permite deixala exposta do sábado para o domingo. O domingo haberá unha misa na igrexa parroquial, ás doce e media, e acto seguido baixaremos a Virxe do Carme ao barco museo sobre a unha e cuarto, alí váiselle cantar a salve dedicada á xente de Burela, pero sobre todo aos mariñeiros. Despois tiraranse uns fogos. E o martes, día 9, farase a ofrenda floral como todos os anos, as flores que se van tirar ao mar en recordo á xente que morreu nel. O sábado e o domingo haberá ademais pasarrúas con Dambara”.
A presidenta da comisión de festas e concelleira burelesa engadiu que “isto é o que podemos facer debido ao Covid-19. Nós miramos pola saúde, que é o máis importante obviamente, pero tamén queríamos recordar un pouco as festas sen comprometer a ninguén nin que se collan contaxios. Esperemos que a xente non se nos aglomere, que non haxa ningún problema e que non teña que actuar a Policía Local”.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



