A Mariña, 11 de xuño de 2020. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, vén de participar na Xornada Abrindo As Portas: o Rexurdir do Turismo, organizada pola deputada provincial delegada deste área na Deputación de Lugo, Pilar García Porto.
Cajoto agradece “á Deputación de Lugo a organización das xornadas e a invitación ao foro. Estamos nuns momentos moi complicados na Mariña, con moitos postos de emprego que perigan –Alcoa- ou con empresas que pecharon recentemente como é o caso de Muebles Hermida en Lourenzá ou Costiñas en Alfoz. É por iso máis importante ca nunca apostar tamén polo turismo, en expansión antes da crise sanitaria, aínda que creo firmemente que a industria na comarca é un sector prioritario do que non podemos prescindir en modo algún”.
O presidente da Mancomunidade contou que “na reunión puiden expoñer o traballo que está a desempeñar a Mancomunidade para posicionar e dar a coñecer o noso xeodestino, grazas ao esforzo da técnico e xerente Tania Hermida. Os coloquios sempre son enriquecedores e non puiden deixar pasar a oportunidade de reivindicar, ante a proximidade do Xacobeo 2021, o Camiño do Mar”.
Para Fran Cajoto “esta é unha vía de peregrinación, documentada, pero non recoñecida aínda, que discorre por toda a costa da Mariña e o norte da provincia da Coruña. Con lugares especiais como a Basílica de San Martiño, sería un impulso importantísimo para o turismo da comarca o seu recoñecemento, que encaixa de forma perfecta co turismo de calidade, tranquilo e desestacionalizado, que estamos intentando traballar en todos os proxectos da Mancomunidade”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



