Burela, 15 de xuño de 2020. O Partido Popular de Burela lamenta que o alcalde se plantexe renunciar a bandeiras azuis se se vei incapaz de contratar suficientes socorristas. Os populares censuran así que o socialista intente cargar a responsabilidade na Xunta de Galicia, cando a dotación destes efectivos é un servizo municipal e a sabendas de que o Goberno galego concedeu sen ningún tipo de discriminación a esta vila o mesmo número de distintivos que ao resto de municipios mariñaos que posúen areais.
“A nós xa non nos sorprende, a estas alturas, a facilidade coa que o socialista lle bota a culpa sempre a terceiros pola súa habitual incapacidade para xestionar as diferentes situacións que se dan no Concello pero, á hora de facer certo tipo de declaracións, un profesional da política coma el, debería de ser un pouco máis prudente”, manifesta o voceiro do PP.
Manuel Rouco, indica que “é unha mágoa que isto sexa así cando se recuperaron todas as bandeiras azuis coas que contaba a nosa vila”. “Debemos lembrar que o ano pasado perdérase a que se izaba na praia do Portelo”. Tal é así que as seis que posúe na actualidade Burela xa foron consolidadas no ano 2014, na época de goberno do PP, explica.
O alcalde non fai o seu traballo
Aclaran dende o PP que o titular municipal esquece, “non sabemos se por ignorancia ou por descaro”, que Burela, a pesares de ter menos lonxitude de areais que outros Concellos, recibe a cota máxima de socorristas que a Xunta subvenciona para os municipios da Mariña. Tamén semella que non ten en conta algo moi importante e que xa foi advertido polos populares dende finais do ano pasado de forma reiterada. Trátase do feito de que Burela, a día de hoxe non ten dereito á subvención da Xunta que lle permite contratar os 6 socorristas dos que se queixa o rexedor porque “non fixo o seu traballo”.
“O motivo é moi sinxelo”, tal e como advertiron os populares en numerosas ocasións, “o goberno municipal non presentou a documentación requirida en outubro do ano 2019 perante o Consello de Contas de Galicia, polo que lle poden denegar legalmente o acceso tanto a esta como a calquera outra subvención que lle solicite á Xunta de Galicia, mentres non solucione esta grave anomalía, cando menos, administrativa e de procedemento”.
“Unha vez máis o Sr. Llano pon en risco o futuro inmediato do Concello, e xa van unhas cantas, e todo por que?”, preguntan dende a formación popular, “pola súa manifesta incapacidade organizativa, pola súa nula capacidade de xestión ou por seguir enganando aos veciños e veciñas de Burela dicindo que o Concello está a vivir unha situación de bonanza que non é tal”.
“Non o sabemos, o que si sabemos e que mentres os problemas se lle acumulan ao alcalde, quen paga a súa actitude neglixente é o pobo de Burela”, conclúe Manuel Rouco.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



