Lourenzá, luns 15 de xuño de 2020. Este martes 16 de xuño, ás 20:30 o BNG organiza en Lourenzá un acto público informativo que terá lugar no salón de actos do concello. Esta charla informativa tratará sobre o funcionamento da oficina Agraria Virtual (OAV), que a Consellería de Medio Rural vai convertir agora na Oficina Virtual de Gandería (OVGAN), co obxecto de minimizar as visitas ás Oficinas Comarcais Veterinarias (OCVs), tendencia que se vén implantando debido ao estado de alarma polo Covid19 e que a Consellería pretende normalizar para que sexa a maneira habitual de realizar os trámites aos que están obrigados os/as titulares das explotacións, polo que é necesario que os gandeiros/as se familiaricen con ela, o que constitúe un novo reto para o sector.
“Os gandeiros/as precisan de información e asesoramento, sobre este cambio que se vai acometer, e por eso desde o BNG imos poñernos á súa disposición para colaborar con eles para informalos dos trámites que tenen que facer” manifestou Áurea Vázquez, concelleira e portavoz municipal do BNG en Lourenzá , que será quen imparta esta charla, na que contará coa participación e colaboración de Isabel Vilalba, do SLG, abordando tamén outros temas de interés para o sector agrícola e gandeiro coma a política agraria común.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



