Ribadeo, a 15 de xuño de 2020. A vicevoceira do Partido Popular de Ribadeo, Elena Sierra, pídelle ao goberno local que se deixe de escusas e asuma a súa responsabilidade, xa que a masa común na que se atopa o vertedoiro é do Concello. Deste xeito, a edil considera que os dirixentes ribadenses reproducen o mesmo proceder que o manifestados hai tres meses cando o Grupo Municipal do PP xa alertaba da escombreira existente no lugar de Porto.
“Outra vez a mesma resposta: desculpas e máis desculpas. Só pedimos que se actúe”, indica. E é que desta volta o Concello volta a enviar unha carta, neste caso a Fomento, pero tanto o lixo como o terreo no que este está depositado son municipais. “A quen se envía entón a carta?”, pregúntase Elena Sierra. Por este motivo, a popular insta aos gobernantes locais a que “se deixen de desculpas e actúen”, porque, engade, “Ribadeo non merece este trato”.
“Cando denunciamos o de Porto enviouse outra carta sen saber moi ben a quen. Hai outro vertedoiro en Vilaselán e tamén se envía outra carta sen saber tampouco a quen e, agora, envían outra a Fomento. O caso é botar balóns fóra”, critica Elena Sierra.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



