Alfoz, 24 de xuño de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e candidata ás eleccións autonómicas, Patricia Otero criticou a folla de ruta iniciada polo PP co abandono do rural. Así o dixo tras manter unha xuntanza co Alcalde de Alfoz, Jorge Val, no que denunciaron que o PP da as costas á veciñanza que quere traballar e vivir no rural lucense.
Otero defendeu un medio rural “vivo e revitalizado, no que todas e todos teñamos posibilidades para vivir dignamente con salarios e ingresos dignos, que garantan a igualdade e cos mesmos servizos con aqueles cidadáns que viven nas cidades”. Criticou que Feijóo “deixou sen executar 305 millóns de euros nas dúas partidas para fixar poboación no rural. Para Feijóo o rural só se converteu nun eslogan, os problemas das súas veciñas e veciños non lle importan”.
A dirixente socialista lembrou os recortes das convocatorias impulsadas polo Goberno de Feijóo. “Concretamente xa denunciamos os programas do plan Marco de Camiños da Xunta que se rebaixou nun 1 millón de euros na provincia de Lugo, ademais do reparto caciquil e clientelar do programa Aprol Rural. Estes son dous claros exemplos da desidia do Goberno do PP co rural e cos veciños do rural”, insistiu.
Nesa liña a dirixente socialista puxo en valor o traballo que se realiza dende a Deputación de Lugo para revitalizar o rural na nosa provincia. “Acabamos de ver a posta en marcha do plan Prende! Bota Raíces no Rural, que da formación a 50 mozos e mozas. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo crear emprego xuvenil e fixar poboación nas zonas menos poboadas da provincia. Esta é a folla de ruta que temos que seguir, aquí hai compromiso e a hai futuro para as mozas e mozos que queren vivir e traballar nas nosas parroquias e nosas aldeas”, expuxo.
Pola súa banda o Alcalde de Alfoz, Jorge Val aludiu aos graves problemas aos que ten que facer fronte ante o abandono da Xunta de Feijóo. “Nesta vila non hai PXOM, a concentración parcelaria segue sen rematar e tampouco temos polígono industrial. Onde está a Xunta e o Goberno de Feijóo para impulsar o rural e os pequenos concellos da provincia?”, preguntouse.
Normas subsidiarias comprometidas pola Xunta
Val tamén fixo alusión a aprobación das normas subsidiarias comprometidas pola Xunta. “O dilatado proceso de concentración parcelaria leva 22 anos afectando a oito das nove parroquias do noso concello, e así seguimos, a Xunta de Feijóo non fixo nada de nada. E quero advertir que esta desatención conlevou a un abandono paulatino da nosa vila. Moitos veciños marcháronse porque aquí non hai vivenda e os que querían investir non querían problemas urbanísticos”, dixo.
Medidas tralo COVID
Ademais tamén aludiu as novas medidas sanitarias que teñen que afrontar os concellos tralo COVID. “Os parques infantís, as piscinas municipais, o pavillón municipal ou os servicios sociais, ..as novas medidas para a apertura e o funcionamento destas instalacións municipais do Goberno de Feijoo para aparentar normalidade, non van acompañadas de dotación orzamentaria algunha, estamos sós fronte a todo. A Xunta impón funcións de forma pouco realista, sen ter en conta as necesidades económicas e de persoal de cada concello”, lamentou.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



