Lugo, 24 de xullo de 2020. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres as bases que rexerán o procedemento selectivo para ampliar a lista de traballadores sociais de emprego temporal que prestan servizo na institución provincial. A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, informou de que nos próximos días sairá publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria coas bases para que todas as persoas interesadas se poidan anotar. “Esta é unha convocatoria pública aberta para traballar, principalmente, nos centros de atención a maiores da Deputación, tanto nos que xa están abertos como nos que se abrirán nas próximas datas, e dá conta do compromiso da Deputación coa provincia e con prestar un servizo de benestar de calidade”.
A sesión deste venres tamén aprobou a licitación do contrato da subministración mediante arrendamento dos sistemas de impresión de todas as dependencias da Deputación. O orzamento de licitación é de preto de 403.000€ e o contrato é por dous anos, prorrogable por un máis. “Para este contrato incluímos nos criterios de valoración o consumo enerxético das máquinas, valorando aquelas que teñen un menor consumo e que sexan máis respectuosas co medio ambiente”, subliñou a Deputada.
Así mesmo, quedou tamén aprobada a licitación do contrato do servizo de mantemento de instalacións térmicas e o control de prevención de lexionelose. O orzamento é de 167.000€ para un contrato por dous anos, que se pode prorrogar por outros dous. “Este contrato mellorámolo este ano ao incluír o mantemento de lugares de almacenamento e depósitos, a instalación de receptores de gas e, entre outros aspectos, a realización de controis de potabilidade”.
Este venres tamén saíron adiante un conxunto de actuacións que se van realizar con remanentes do Plan Único do 2019. Por un lado, o Concello de Lugo vai investir remanentes para un conxunto de obras que ascenden a máis de 106.000€ en total. “Vai executar a mellora da estrada LU-234 que conecta Lugo con Outeiro de Rei e que é moi transitada e moi importante para a veciñanza. E tamén, vai realizar dous abastecementos de auga: un deles será no núcleo de Penarrubia, en Orzabai, e o outro, en Cardoso”, explicou García Porto. Pola súa banda, o Concello de Trabada investirá remanentes por valor de máis de 10.600€ na mellora do acceso á escola de Villapercide.
Na orde do día de hoxe acordouse una modificación na redacción do proxecto da obra de mellora da estrada provincial LU-P-1901, que une os concellos da Fonsagrada e Navia de Suarna, entre os quilómetros 0 e 4,5. García Porto explicou que “esta modificación inclúe a incorporación de máis bionda para protexer a vía, xa que é unha zona moi montañosa e con moitas curvas; tamén se vai realizar unha variación dos taludes proxectados para darlle unha maior seguridade á estrada e realizarase un marco prefabricado que respecta o ancho do río que pasa ao carón da obra”. Esta modificación do proxecto ten un orzamento de 200.000€.
Respecto a convenios, na sesión de hoxe déuselle o visto bo a unha modificación de convenio co Concello do Corgo para arranxar diferentes estradas. “Por unha banda, vanse investir máis de 30.000€ na pavimentación do acceso dende Vilachá ao límite municipal en Marce, e pola outra, vaise pavimentar a pista que une a estrada provincial LU-P-2918 con Boelle”, explicou a Deputada.
Na Xunta de Goberno aprobáronse cinco contas xustificativas do programa de Recuperación e incorporación de terras para posta en produción de recursos agrogandeiros. En total suman preto de 5.500€ para a posta en produción de máis de 10 hectáreas nos concellos de Baralla, A Fonsagrada e A Pastoriza.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



