Lugo, a 28 de xullo de 2020. Nunha clara demostración de como entende o goberno da Deputación (PSOE-BNG) a súa obriga de apoiar o desenvolvemento da provincia, esta mañá, no pleno celebrado pola corporación provincial, socialistas e nacionalistas votaron en contra das propostas do PP para aplicar un plan de reactivación da Mariña e para esixir a reposición dos servizos suprimidos por Renfe en Monforte. O portavoz popular, Javier Castiñeira, considera incrible a postura adoptada polo goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, e lembra que a misión da Deputación e defender os intereses da provincia de Lugo.
Castiñeira sinala: “Chámanos poderosa e desagradablemente a atención que dende o goberno da Deputación de Lugo se vote en contra dos intereses tanto da Mariña como de Monforte. Das dúas mocións que defendeu neste pleno o PP, unha era para tratar de facer un plan de activación da Mariña lucense, tanto turisticamente como de mellora da imaxe da comarca, votada en contra polos dous grupos de goberno (PSOE e BNG), o que nos resulta especialmente estraño, porque a defensa dos intereses da provincia, é realmente a función da Deputación”.
Por outro lado, o portavoz popular di que “é incrible que o presidente da Deputación, e alcalde de Monforte, José Tomé, non apoie reivindicacións contra a perda de servizos ferroviarios por parte da comunidade monfortina, de toda a Ribeira Sacra e, en xeral, da provincia. Parécenos incrible; pérdense 22 servizos, dos 29 que se perden en Galicia, e cremos que é unha falta de compromiso absoluto con toda a provincia e en concreto co seu concello”.
A moción popular para aplicar desde a Deputación un plan de reactivación da Mariña foi defendida por Xesús Novo. Lembrou que alcaldes socialistas e nacionalistas, pouco antes das pasadas eleccións, chegaron a pedir que se aprazaran porque, dicían, non se daban condicións para que fora sanitariamente seguro ir a votar. Tal manifestación repercutiu gravemente na imaxe da Mariña. Para recuperar e promocionar esta comarca lucense, que ten no turismo unha parte fundamental dos seus ingresos, é necesario que a Deputación impulse un plan de reactivación. Por un lado, en canto a imaxe como destino seguro, e, por outro, con obras e servizos que precisa, como mellora de estradas incluíndo o desbroce. Recordou que no seu municipio, O Vicedo, a Deputación non desbrozou as pistas da súa titularidade que conducen as praias. Novo, aludindo á citada declaración de alcaldes socialistas e nacionalistas, instou ao goberno provincial: “Reparen o dano que causaron”.
A defensa da moción para recuperar os servizos ferroviarios en Monforte correu a cargo de Dolores Castro. Destacou que os servizos de ferrocarril en Lugo son cada día máis precarios e que a supresión de 22 servizos que afectan a Monforte terá unha incidencia moi negativa en toda a comarca, na Ribeira Sacra e no conxunto da provincia. Lanzou esta pregunta a socialistas e nacionalistas: “Están dispostos a deixar pasar isto?” A resposta dérona os deputados do PSOE e do BNG votando en contra da moción popular.
























A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.



