Madrid, 27 de xullo 2020. O deputado do BNG, Néstor Rego, vén de presentar unha Proposión non de Lei para a derrogación da Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financieira, coñecida como Lei Montoro. O BNG demandou que se permita aos municipios utilizar os remanentes e superávit, así como ampliar a capacidade de endebedamento das Administracións locais para afrontar gastos. “Ante a situación de crise económica e social dos últimos meses, os concellos demandan de forma urxente poder utilizar os remanentes acumulados en contas bancarias, sen que con iso se incumpra a regra de gasto” salientou Rego.
Unha demanda que xa fora reiterada en varias ocasións, incluso antes da crise da COVID-19, polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, que instaba de forma urxente á flexibilización na utilización do remanente e superávit a calquera tipo de inversión que redunde en beneficio da comunidade, extendendo o ámbito temporal de aplicación e que se considerara a posibilidade de poder aplicar parte do mesmo en gasto corrente.
O BNG considera inaceptábel que o Goberno do Estado pretenda confiscar os 890 millóns de euros de remanente e superávit dos que dispoñen os concellos e as deputacións deixando sen estes recursos ás administracións locais e polo tanto, penalizando a aqueles cocellos que mellor xestionaron as súas contas e teñen remanentes.
O deputado do BNG salientou que “non se poden repetir os erros que se cometeron na crise de 2008, nin pode haber unha incautación de fondos a uns concellos que teñen unha situación moi saneada e que están totalmente lexitimados a poder destinar eses cartos aforrados a reactivación económica, a financiar servizos ou as prioridades que se estimen en cada caso”.
Néstor Rego explicou que “con esta proposta, o Goberno non só está ignorando as necesidades municipais, senón que tamén obvia as conclusións fixadas no Ditame da Comisión de Reconstrución e que o Congreso acaba de aprobar, onde se estabelece a necesidade de flexibilizar a Lei de Estabilidade e da regra de gasto para que os concello podan usar os remanentes e superávit”.
O BNG rexeita o argumento que trasladan desde o Ministerio, que xustifica esta maniobra amparándose nas previsións da Lei de Estabilidade Financieira, alegando a imposibilidade de incumprir o seu contido e que deste modo non lle computará ás distintas entidades locais como déficit, cando a propia Comisión Europea acordou flexibilizar a limitación de endevedamento dos Estados para facer fronte á crise da COVID-19. Rego criticou que a única administración que vai a poder beneficiarse desta previsión é a Administración Xeral do Estado, mentres que as Entidades Locais non poderán facelo, a pesar de supor no caso da Galiza, un 0,3% do PIB galego e estar o límite en 3%.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



