Ribadeo, 27 de xullo de 2020. O Concello de Ribadeo realiza durante esta semana a limpeza dos contedores verdes tanto no casco urbano como nas parroquias.
Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, “este é un contrato por 3 anos, que inclúe 1900 lavados ao ano, fraccionado en catro momentos puntuais que tamén se poden modificar tendo en conta a necesidade de limpeza dos contedores. Adoita estar estipulado previamente á Semana Santa, en xullo, en agosto e previo ao Nadal, tanto no casco urbano como en todo o concello, nas parroquias”.
O edil ribadense declarou que “este traballo no se puido iniciar antes por mor do covid. Ademais tivermos que facer un lavado extra por mor da pandemia do coronavirus en maio. Imos seguir coa implantación deste tipo de lavados e dicir tamén que hai un incremento de lavados con respecto aos que realizaba a anterior empresa”.
Díaz Freije pediu disculpas polas molestias que se poidan ocasionar con estas tarefas: “pode causarse algunha molestia, así que pedimos disculpas de antemán”.
Jorge Díaz tamén fixo un chamamento a veciñanza e lembroulles a importancia de tirar o lixo cara as 9 da noite, especialmente estes días de temperaturas tan elevadas: “como sempre por mor destas temperaturas que estamos a ter, tirar o lixo por favor a partir das 9 da noite. Iso é vital porque con estas calores unha bolsa de lixo todo o día ao sol ocasiona uns cheiros tremendos. Procurar que se faga así e se tire a última hora da tarde”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



