Burela, 16 de xullo, 2020. O servizo de socorrismo de Burela leva unha semana funcionando, nunha tempada estival difícil debido á realidade do Covid19 que nos envolve. Ante iso, o BNG fixo propostas en canto a reforzo de persoal tanto do servizo de socorrismo como de cumprimento da normativa derivada da pandemia, pero non foron atendidas polo momento. Para o voceiro do BNG, Mario Pillado “cremos fundamental o reforzo de persoal tanto de aumentar o número de profesionais no servizo de socorrismo, como engadir persoal auxiliar ou destinar persoal do concello de certos departamentos para o seguimento e cumprimento das medidas de seguridade que foron establecidas pola Xunta. Polo momento non se aceptaron as nosas propostas, que seguimos mantendo, pero vemos que o goberno local insiste na nefasta xestión deste servizo dos últimos anos, con carencias e deficiencias a nivel de instalacións e material que non foron corrixidas”.
Os nacionalistas propoñen que se devolvan as taxas pola ocupación de vía públicas con terrazas
O alcalde de Burela, o señor Alfredo Llano, anunciou axudas ó sector comercial e flexibilidade para a colocación de terrazas á hostalería pero o concello cobrou do mesmo xeito esta taxa ós interesados. Pillado propón que “dada a situación, onde unha gran parte de locais tiveron que pechar e os que están abertos están con limitacións de aforo, barra e modificación de horarios, se lles devolva ós propietarios dos locais de hostalería o importe que pagaron pola colocación das terrazas. Esa sería a maneira de axudar ó sector neste difícil momento, porque é unha das poucas taxas nas que o concello ten o control total, no orzamento que está pendente de aprobación definitiva non lle supón moito ás arcas municipais e cónstanos que xa se fixo nalgún caso, polo que se debería facer na totalidade dos establecementos” e continuou dicindo que “seguimos agardando pola liña de axudas ó sector comercial, pendentes da aprobación definitiva dos orzamentos e de que os técnicos municipais avalen as bases da convocatoria”.
Dende o BNG solicitan xestións para garantir a seguridade e a recuperación da actividade na mina de Caolín.
Despois de ver na prensa o anuncio por parte do goberno local de que a nova ruta xeolóxica que transcorrerá polo Monte Castelo se relacionaba coa mina de Caolín, dende o grupo municipal do BNG puxéronse en contacto co goberno para preguntar pola seguridade dese percorrido. O voceiro nacionalista indicou que “se ben é certo que a ruta non vai transcorrer polo recinto delimitado da mina, cremos que se debe blindar a seguridade do percorrido así como lle vimos demandando ó goberno que se traballe en conxunto coas administracións competentes para mellorar a seguridade da explotación, nun total estado de abandono. Tamén cremos que unha vez que hai unha empresa que se fixo cos dereitos mineiros da explotación o concello debe informarse e fomentar a posibilidade de que se recupere a actividade mineira para que se xere emprego na vila, por tódolos medios a disposición da administración local”. Finalizou o portavoz do BNG comentando que “durante os último anos apercibimos ó goberno local da situación de inseguridade da explotación pero nin dende o concello nin dende as administracións competentes se fixo nada para corrixir ese estado, que empeora co paso do tempo”





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



