Trabada, a 16 de xullo de 2020. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez (PSOE), tivo moito máis interese en participar da política do medo que puxo en práctica na Mariña o Partido Socialista nas pasadas eleccións autonómicas que en facer o traballo de xestión que lle corresponde. Así o sinala o portavoz municipal do PP, José María Fernández Vázquez, que di que, por elo, pola falta de xestión, o municipio presenta un lamentable estado de abandono. Destaca que o estado das pistas é boa mostra de que a alcaldesa preferiu dedicar os seus esforzos a promocionar o interese electoral do seu partido a traballar en beneficio de todos os veciños de Trabada.
Fernández Vázquez di que é lamentable que a alcaldesa dedicase tanto esforzo a tratar de evitar que se celebraran as eleccións na Mariña, sen importarlle para nada as consecuencias económicas e para a imaxe desta comarca, que tanto precisa do turismo. Indica que a falta de xestión do día a día, leva a que a mesma alcaldesa tivese que recoñecer na sesión plenaria do mércores que o desbroce das pistas non poderá empezar ata agosto. Así están as cousas en Trabada, debido a que os socialistas, como os nacionalistas, tanto nos concellos da Mariña como na Deputación, preferiron xogar segundo os intereses partidistas e electoralistas en vez de atender as obrigas como xestores.
O portavoz popular di: “Se miramos para as pistas, vemos que están todas sen desbrozar, algunha dende hai bastante máis dun ano. Se imos ao campo de fútbol, tamén queda clara a falta de mantemento. O ximnasio sigue pechado, e hai veciños que queren utilizado. E así se vai consolidando a imaxe de Trabada como un municipio en estado de abandono”. Unha imaxe que se vén sumar ao dano que, en opinión de José María Fernández, fixeron os gobernos locais socialistas e nacionalistas á imaxe da Mariña ao xerar dúbidas sobre se era seguro acudir a votar, de xeito que, ao mesmo tempo, e por extensión, xeraron dúbidas sobre a seguridade doutras moitas actividades, co conseguinte dano para a economía e a proxección da comarca.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



