A Mariña, 15 de xullo de 2020. O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, aposta polo traballo conxunto: “é a forma de saír todos desta”. E subliña que é fundamental que a comarca retome o bo nome que sempre tivo e que funcione este verán. Para iso se está a traballar nunha campaña de promoción co obxectivo de que a xente recupere a confianza, sen perder o respecto e a responsabilidade, pero é preciso que cidadanía e turistas volvan gozar das rúas, do seu comercio e da súa hostalería.
Cajoto contou que “esta tarde os membros da Mancomunidade da Mariña tivemos unha reunión moi importante porque estamos nun momento no que o sector turístico está de capa caída polas limitacións nos desprazamentos. E coas novas de que se reabren as posibilidades de ir a outros lugares, a excepción de Burela, temos que traballar para apoiar ao sector do pequeno comercio e aos establecementos de hostalería e que o xeodestino A Mariña, recoñecido en moitos lugares como un destino de turismo tranquilo e no que se pode confiar porque non está masificado, retome ese bo nome e funcione este verán”.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña sinalou que “neste sentido trasladamos as distintas campañas de promoción que están en marcha e as iniciativas nas que estamos traballando, tamén a través das redes sociais, para que a xente volva recuperar a confianza, que non se perda o respecto e a responsabilidade, pero si o medo. O obxectivo é que, usando as mascarillas e as demais medidas de protección axeitadas, acudamos aos distintos lugares de vacacións e tamén os propios veciños vaian aos distintos establecementos para que esta campaña de verán, aínda que non sexa nin con moito como a do ano pasado, si que tome un pouco de pulo e funcione o mellor posible”.
Para Fran Cajoto “sempre hai que ser positivos, vamos pola boa senda, sen relaxarnos e traballando todos conxuntamente é a forma de saír todos desta”.
A campaña de promoción da Mariña como destino tranquilo este verán estase a ultimar e será presentada dentro duns días.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.