Lugo, 25 de xullo de 2020. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá o vindeiro martes, no Pleno da Corporación provincial, unha moción na que reclama ao Presidente da Xunta “que cumpra as promesas electorais que fixo ós galegos e galegas decindo que se gañaba as eleccións arranxaría o problema de Alcoa”. Os socialistas lembran que Núñez Feijóo, durante a pasada campaña dos comicios xerais, dixo, e así o recolleron os medios de comunicación, que, se gañaba o PP, “o primeiro responsable” sería el e que asumía “esa responsabilidade”.
“A través desta proposta dende o Grupo Provincial Socialista queremos reiterar o compromiso cas reclamacións dos traballadores de Alcoa e as empresas auxiliares, e tamén coa necesidade de impulsar na Mariña políticas de industrialización modernas, sostibles e baseadas na investigación”, sinalan.
Nesta iniciativa, o PSdeG esixe á Xunta un plan global de industrialización para A Mariña que teña en conta a situación de Alcoa, así como establecer unha liña de contacto permanente coa dirección da fábrica e que presente medidas económicas de apoio de cara á entrada do sector público no accionariado da empresa, entre outras.
A moción socialista lembra que, “tal e como recolle o artigo 30 do Estatuto de Autonomía as competencias en materia industrial son da Xunta. Polo tanto, é de supoñer que Feijóo tiña presente esas competencias cando de novo, na recente campaña das pasadas Eleccións Autonómicas, o día 1 de xullo, en Narón, dixo que “puedo asegurar que como presidente de la Xunta no voy a consentir que se cierre Alcoa”. Un claro recoñecemento por parte do candidato das competencias e a responsabilidade que a Xunta de Galicia ten cara o mantemento da actividade industrial de Alcoa”.
Tamén aluden á información publicada “o pasado 2 de xullo, na web oficial da Xunta, que recollía a aprobación dun “plan para la industria electrointensiva que declara el sector como esencial y estratégico”. O certo é que o plan da Xunta non recolle unha soa medida concreta. O que di a nota da Xunta é que o seu plan consiste en apoiar os plans que outros poidan presentar. É dicir, a Xunta presenta como “plan” especial o que non é senón unha obvia exposición das súas obrigas.
Así as cousas, o PSdeG asegura que, “fóra da propaganda e os titulares, non temos noticia nos últimos nove meses dunha soa proposta concreta da Xunta de Galicia, ou do seu Presidente, nin para garantir o futuro de Alcoa, nin para defender os postos de traballo, nin para propoñer novas alternativas industriais para a provincia”.
No texto da moción rexistrada, o PSdeG propón ao Pleno instar á Xunta de Galicia e ó seu Presidente a:
• Cumprir as promesas electorais ós galegos e galegas feitas por Alberto Nuñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, en torno á conservación da actividade industrial en San Cibrao, dicindo que se gañaba as eleccións arranxaría o problema de Alcoa.
• Presentar un plan global de industrialización para A Mariña que teña en conta a situación de Alcoa.
• Establecer unha liña de contacto permanente ca dirección da fábrica tendo en conta os movementos globais que Alcoa está facendo no mundo. Movementos que parecen apostar máis por un modelo especulativo que por un modelo produtivo.
• Manter liñas de sondaxe co mercado para poder atopar compradores ou socios interesados na adquisición da fábrica.
• Presentar, cuantificadas, as medidas económicas de apoio da Xunta de cara a entrada do sector público no accionariado da empresa.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



