Ribadeo, 22 de Xullo de 2020. A pasada semana o colectivo “POR NUESTRO FARO” presentou un recurso de reposición no rexistro do concello de Ribadeo contra o acordo da Xunta de Goberno do día 19 de Maio, polo que se concede licenza de obras á empresa adxudicataria para construir unha cafetería nos antigos garaxes do faro.
Como saben os lectores o expediente para este proxecto comezou a tramitarse en maio de 2019, sen que o concello dese nengún tipo de información, cuxa primeira noticia soupose pola prensa a meiados de xaneiro de 2020. Deseguido o noso colectivo solicitou consultar a documentación, pero non puido acceder a ela ata o 22 de Xunio, ou sexa mais de un mes despois de que estivese aprobada. Un exemplo de transparencia ao que xa estamos afeitos.
O principal motivo do recurso é a falla de Estudo de Impacto Ambiental Simplificado. Como tamén temos informado repetidamente este estudo de impacto foi esixido polo primeiro informe do Defensor del Pueblo de 17 de Febreiro de 2017 e reiterado pola mesma institución en outros cinco informes ata o 9 de Outubro de 2018. De todos estes informes o concello de Ribado non se deu por enterado, agás unha consulta realizada á Autoridade Portuaria, que esta respostou sen dar unha argumentación xurídica sólida e mantendo o mantra inicial de que eran unhas pequenas obra de reforma do antigo edificio do faro e que non podían ter impacto nengún no medio ambiente. Sin embargo a Autoridade Portuaria, ante a insistencia e a argumentación xurídica do Defensor acabou recoñecendo que o o Estudo de Impacto Simplificado era preceptivo e comprometeuse a realizado. Pero ese compromiso nunca se cumpliu. Todo esto sabeo perfectamente o Sr. Alcalde de Ribadeo porque ademáis de comunicarllo o Defensor, o noso grupo encargouse de remitirlle todos os informes según iban chegando.
Dende o noso punto de vista e dos nosos asesores o cumplimento desa prescripción legal sigue estando vixente e máxime cando se pretenden realizar novas obras e proxectos na Illa Pancha. Caese do seu peso que se non se cumpliu antes a normativa vixente, con mais motivo debe cumplirse con ocasión de unha nova obra que engade novos riscos de impacto por xenerar novas actividades, que non foron avaliadas anteriormente.
Pola outra banda o noso colectivo incorpora ao recurso outros dous pontos, a saber:
1.A licenza de actividade para os apartamentos, que ten data de 1 de decembro de 2017 esixe o acceso libre dos veciños e visitantes á Illa pancha sen que esta condición se teña cumplido a día de hoxe.
2.O día 23 de Agosto de 2018 publicábase no BOP de Lugo o “PROYECTO DE LEGALIZACION DE INSTALACION DE TRATAMIENTO Y EVACUACION DE AGUAS RESIDUALES, EN ILLA PANCHA”. Ao devandito proxecto o colectivo POR NUESTRO FARO presentou unha alegación e fixo o seguimento correspondente, e con data de sinatura de 20/6/2020 recibimos unha notificación da Xefa da Area de Vertidos de Augas de Galicia que di : “compre informarlle que o expediente de referencia atópase actualmente en trámite, polo que ainda non foi ditada a correspòndente resolución…”. En resumen ese proxecto, pesie a que obra foi realizada en Maio de 2017 segue sen contar ca aprobación definitiva.
En conclusión o noso colectivo solicita a suspensión do proxecto de obras de cafetería mentres non se realice o Estudo de Impacto Ambiental Simplificado, se faga efectivo o acceso libre e se aprobe o proxecto de fosa séptica pola autoridade competente.
Colectivo “POR NUESTRO FARO”




















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



