A Comisión Crecente Vega reuniuse este mércores 22 de xullo coa Subdelegada do Goberno de Lugo, María Isabel Rodríguez López, para presentarlle o proxecto de publicación da poesía inédita en castelán de Xosé Crecente Vega, que está formada por 59 poemas (con variantes) escritos durante as súas estadías en Madrid, Cidade Real, Antequera e Segovia, entre outras. Ademais, incluirase un estudo, unha detallada biografía do autor e unha selección de fotos para complementar a súa fondura poética. Fíxose entrega á subdelegada dun facsímile de Codeseira, unha das súas obras de referencia.
