Lugo, 20 de xullo, 2020. Así o confirmou ao remate da xuntanza, o presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan. O ministerio comprometeuse a enviarllo por escrito ao comité este martes, data na que tamén fixarán unha nova xuntanza da mesa multilateral. En canto á xuntaza da mañá con Alcoa, Zan confirmou que a empresa non atendeu a petición de ampliar o período de consultas, malia que as restriccións de mobilidade da Mariña afectaron ó seu desenrolo. Zan anunciou que pedirán á Xunta que lles obrigue a facelo. Alcoa só quere falar de parada de cubas, algo que para os traballadores é unha liña vermella a evitar. Mentres, os traballadores comezaron a folga indefinida á que se sumarán este martes os compañeiros das auxiliares. Os servizos mínimos, renegociados nas últimas horas, foron aceptados polos traballadorxs.
